A auga é un compoñente esencial para a vida e o maioritario do corpo humano. O requirimento de líquidos e o contido en auga dos alimentos son algúns temas que trataremos a continuación.
A auga é un compoñente esencial para a vida e o maioritario do corpo humano. Representa entre o 50 ao 70% do peso corporal total. Unha correcta hidratación e o equilibrio hídrico entre a achega e o gasto de auga corporal é un factor fundamental para un óptimo estado de saúde.
Os requirimentos de líquidos están determinados polo nivel de actividade física, o estado de saúde, o consumo de fármacos, o consumo de alcohol ou a temperatura do ambiente. Normalmente, unha persoa adulta (sen exercicio) require unha achega de auga de 2,5 litros que obtén dos líquidos que inxire, da que conteñen os alimentos e da que se forma no seu propio organismo.
As froitas e as verduras conteñen moita auga
O contido en auga dos alimentos é moi variable. As froitas e as verduras conteñen moita auga. Un consumo axeitado de auga axuda a previr o estrinximento e a normalizar o tránsito intestinal.
Os nenos, as mulleres embarazadas, os anciáns ou os enfermos pódense deshidratar con maior facilidade. O sinal de sede aparece cando xa hai certo grao de deshidratación. Non hai que esperar a ter sede para beber.
Durante o exercicio, a perda de auga e electrólitos pola suor é unha causa de "fatiga". A medida que avanza a idade, altérase a sensación de sede, por iso aos anciáns hai que ofrecerlles auga con frecuencia.
As bebidas refrescantes azucradas constitúen unha achega calorífica extra que debemos evitar. Moitas das bebidas deste tipo son de consumo habitual entre a poboación infantil e xuvenil e nalgúns casos desprazaron o consumo de leite necesario neste grupo poboacional.
Se queres coñecer a calidade da auga da túa localidade: Preme aquí: Sistema de Información Nacional del agua de consumo (SINAC)
Publicacións relacionadas que poden interesarte: