Propoñemos a continuación algúns
trucos e consellos para reducir o consumo de sal e axudar así a
conseguir unha dieta máis saudable.
Reduce progresivamente o consumo
de sal
- O sal contén sodio. O consumo deste mineral, en exceso,
está relacionado coa hipertensión arterial.
- O sal non se encontra só nos produtos con sabor "salgado".
Algúns con sabor máis doce como os cereais de almorzo e as salsas
comerciais (Ketchup, maionesa, salsas preparadas) tamén conteñen
sal.
Os nosos consellos:
- Limita as conservas, alimentos precociñados, caldos e
salsas comerciais que sexan ricos en sodio.
- Aumenta o sabor dos seus pratos con herbas aromáticas,
limón e outros produtos naturais.
- Prefire como método de conservación a conxelación antes que
a salgadura e o afumado.
- Reduce progresivamente o sal que engades aos teus pratos.
- O sal conten sodio. O consumo deste mineral, en exceso,
está relacionado coa hipertensión arterial.
-
O sal non se atopa só nos produtos con sabor “salgado”.
Algúns con sabor máis doce como os cereais de almorzo e as salsas
comerciais (Ketchup, maionesa, salsas preparadas) tamén conteñen
sal. Le e compara as etiquetas das diferentes marcas e elixa
aqueles “baixos en sal”, ou con menos sal, sodio ou cloruro sódico
nos seus aditivos que outros produtos similares.
- Limita os caldos en cubiños e saborizantes. Usa os vexetais
e as carnes para dar sabor ás sopas.
- Consume menos alimentos en salgadura, embutidos e/ou
derivados cárnicos como os produtos de matanza. Prefire como método
de conservación, en vez da salgadura, a conxelación para conservar
as carnes.
- Se tomas froitos secos, cómpraos sen sal engadida.
- Comproba, na etiqueta nutricional, a cantidade de sodio dos
produtos que lle ofreces aos teus fillos. Moitos alimentos
habituais na dieta do escolar conteñen sal en exceso.
- Diminúe progresivamente o sal que engades na cociña.
Proporciona máis sabor aos teus pratos con herbas aromáticas, limón
e outros produtos naturais.
Recorda que
A cantidade máxima recomendada de sodio é de 2.500 mg (ou o
que é o mesmo 5g de sal ao día). Nesta cantidade está incluída tanto
a cantidade de sodio que conteñen os alimentos de forma natural así
como a agregada nos produtos procesados e a que engadimos aos
alimentos para cociñar.
Artigos do blog relacionados que poden
interesarte: