Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Alimentación

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
Estamos cansos de oír as palabras "alimentos"" ou "alimentación", pero... ¿coñecemos realmente o seu significado? Ás veces esquecemos a estreita relación que manteñen respecto das nosas condicións de vida, do noso benestar, da nosa saúde.
Sal
Alimentación
  • A alimentación saudable é un dos recursos máis importantes dos que podemos dispoñer para conservar a saúde e evitar a enfermidade.
  • Por medio da dieta, podemos axudar a prever enfermidades, coma a diabetes, a obesidade ou a osteoporose, entre outras.
  • Non existe ningún alimento que conteña todos os nutrientes necesarios, salvo a leite materna nos 6 primeiros meses de vida.

Aínda que factores como o xenético ou o ambiental xogan un papel importantísimo na nosa saúde, non nos decatamos de que prestando un chisco de atención á nosa alimentación e tentando comer de xeito máis saudable, poderíamos obter grandes beneficios para a nosa saúde.Por medio da dieta, podemos axudar a previr enfermidades, como a diabete, a obesidade ou a osteoporose, entre outras. .
En definitiva, unha boa alimentación contribúe a mellorar a nosa calidade de vida.

Que son os alimentos?
A alimentación é un proceso consciente e voluntario

A alimentación é un proceso consciente e voluntario mediante o cal inxerimos os alimentos que nos proporcionan os nutrientes necesarios que o organismo necesita. A nosa alimentación está condicionada por moitos factores como as nosas preferencias, a tradición ou a cultura.

Podemos considerar aos alimentos como "almacéns" de nutrientes que son as sustancias que o noso organismo necesita para vivir. Non existe ningún alimento "completo" ou sexa, que conteña todos os nutrientes necesarios, salvo o leite materno nos 6 primeiros meses de vida. E por este motivo, debemos basear a nosa dieta nunha alimentación variada, equilibrada e adecuada, que proporcione ao noso corpo todos os nutrientes necesarios para o seu correcto funcionamento..

A alimentación saudable é un dos recursos mais importantes dos que podemos dispoñer para conservar a saúde e evitar a enfermidade. Por iso, é imprescindible ter claras algunhas das nocións máis básicas neste eido, como son os tipos de alimentos e as cantidades de cada grupo que deberiamos consumir a diario como garantes dunha boa saúde.

Os grupos de alimentos

Para comprender mellor os principios básicos dunha dieta saudable, a roda dos Alimentos é un recurso didáctico que clasifica os alimentos en seis grupos en función da riqueza en determinados nutrientes e do papel que éstes teñen na saúde. Infórmanos tamén das cantidades de inxestión axeitada de cada un deles.

rueda de los alimentos

Podes descargar a nova Roda dos Alimentos dende aquí.

Os grupos I y II (en amarelo) reúnen aos alimentos "enerxéticos" cunha composición predominante en hidratos de carbono e en lípidos; os grupos III y IV (en vermello) están formados polos alimentos "plásticos" cunha composición predominante en proteínas; e os grupos V y VI (froitas e verduras) conteñen os alimentos reguladores de moitas funcións biolóxicas.

A pirámide dos alimentos

A pirámide dos alimentos é a tradución gráfica dunha guía alimentaria e nos informa da cantidade e da frecuencia de consumo recomendada para os distintos grupos de alimentos que compoñen a nosa dieta. Na base da pirámide están representados os alimentos de consumo diario e que debemos consumir en maior cantidade. A medida que ascendemos represéntanse os alimentos que debemos consumir en menor cantidade e frecuencia. No cumio da pirámide aparecen os alimentos "a limitar" e de consumo ocasional.

pir�mide de los alimentos

Podes descargar a Pirámide da Dieta Mediterránea dende aquí

Dispós doutras ferramentas que te axudarán a facer eleccións máis saudables. O mercado dos alimentos é unha delas.

Publicacións relacionadas que poden interesarche:
​​
Comentarios (1 respostas)
  • olala o 03/03/2016 ás 10:06

    la dieta equilibrada tiene que llevar auga sino el profe me riñe

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.