Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Bebe auga para manter un axeitado nivel de hidratación

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
Para manter un axeitado nivel de hidratación, toma auga abundante, infusións ou zumes de froitas naturais. Evita as bebidas azucradas e os refrescos.
95375501.jpg
Bebe auga para manter un axeitado nivel de hidratación
  • Estar ben hidratado é esencial para a saúde, realícese ou non actividade física e en calquera época do ano.
  • Evita as bebidas alcohólicas e, se o fas, consúmeas con moderación.
  • Se a túa idade é elevada recorda a conveniencia de beber a miúdo, mesmo sen sede.

Estes son os nosos consellos:

  • Bebe auga con frecuencia.
  • Bebe durante e despois da actividade física para reintegrar as perdas debidas á sudación.
  • Consume abundantes líquidos en épocas de calor ou se ten episodios febrís ou diarrea
  • Os anciáns, nenos, embarazadas, deportistas, enfermos crónicos ou persoas que traballan ao aire libre son os grupos máis vulnerables fronte aos efectos da calor e a deshidratación.
  • auga Evita algunhas bebidas como refrescos con sabor de froitas ou de cola, néctar de froitas e zumes comerciais que adoitan conter, a diferenza da auga, azucres simples que proporcionan máis carga calorífica. Outras, como as bebidas enerxéticas poden conter cafeína e outras substancias estimulantes en cantidades considerables.
  • Evita as bebidas alcohólicas e, se non o fas, consúmeas con moderación (Exemplo: 2 vasiños diarios de viño en varóns e 1 en mulleres).
  • Se a túa idade é elevada recorda a conveniencia de beber a miúdo, mesmo sen sede. Non tes porqué tomar sempre auga, senón os líquidos que máis che apetezan. Nas persoas de idade avanzada ou con problemas de deglutición, é máis recomendable inxerir purés ou leite lixeiramente espesado con fariñas que líquidos. O risco de aspiración é menor.
  • Estar ben hidratado é esencial para a saúde, realícese ou non actividade física e en calquera época do ano.
Outras publicacións relacionadas do teu interese:
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.