Xente con vida

Nenos e mozos 19/03/2012

¿En que consiste un bo almorzo infantil?

Vota:
Resultado:
(5 votos)
Compartir:
O almorzo é unha das principais comidas do día e é determinante nos hábitos alimentarios na idade infantil.
Sal
¿En que consiste un bo almorzo infantil?
  • O almorzo é unha comida imprescindible na dieta na idade infantil.
  • Require tempo (polo menos 15 minutos) e compañía.
  • Son necesarios alimentos de cada un dos seguintes tres grupos: lácteos, froitas e cereais.

Recomendacións para que o neno almorce correctamente:

  • Déitao cedo para que durma as horas que necesita.
  • Levántao con tempo para gozar desta comida. Que tome o seu tempo, polo menos 15 minutos.
  • O almorzo sentado, á mesa, en familia e sen TV nin consola.
  • Debe tomar todos os días polo menos un alimento de cada un dos seguintes grupos:
Lácteos
leche

1 vaso de leite ou un anaco de queixo ou un iogur.

  • Se elixes queixo, procura que sexa fresco ou baixo en graxa.
  • Pode tomar leite quente no inverno e un bo vaso de leite frío no verán. Podes poñerlle cacao ou cereais, pero que non tome bebidas excitantes como o café.
  • Recoméndase leite enteiro, aínda que o pediatra pode recomendar outro tipo de leite segundo o caso.
Cereais

Tes moitos alimentos para elixir, pero ímosche dar algúns consellos:

  • Intenta que tome pan de panadaría, a ser posible integral. O pan do día anterior está moi bo se o quentas. O pan de molde adoita conter máis graxa, por iso evita que o tome todos os días.
  • Elixe de acordo coa etiqueta nutricional, os cereais de almorzo máis baixos en sal, azucres e graxas.
  • Algúns alimentos envasados como os bolos e a pastelería industrial debe consumilos con moderación. Elixe os baixos en azucre, graxas e sal.
Froitas
froita
  • Debe tomar unha peza enteira de froita fresca, para aproveitar mellor as súas calidades e a súa fibra.
  • Recorda que a froita de temporada está moito máis rica.
  • O zume de laranxa, debe ser unha opción máis pero non a única da oferta de froita no almorzo.
Incorpora novos alimentos e novas receitas.

Outros alimentos tamén poden formar parte do almorzo como:

  • Froitos secos (non antes dos 5 anos, polo perigo de esganarse) como as noces, figos...
  • Mel.
  • Algúns alimentos proteicos como o xamón ou o friame de pavo.
  • Pan con aceite de oliva e tomate, queixo fresco e zume de vexetais.
Almorzos para cando vas mal de tempo.

Algúns nenos sáltanse o almorzo porque se deitan tarde, érguense tarde e teñen pouco tempo. Se tes pouco tempo, o seu almorzo non será o mais adecuado. Pero algúns consellos poden axudarche:

Desayuno
  • Deixa preparado o que vai tomar. A mesa posta do día anterior axudarache a aforrar tempo.
  • Dálle un vaso de leite e que leve para o camiño unha froita e cereais que sexan fáciles de tomar.
  • Proba queixo con froitos secos ou iogur con anacos de froita fresca, noces e pan.

Recorda que podes prepararlle o almorzo o día anterior, por exemplo, arroz con leite ou unhas cremas.

¿Por que se aconsella tomar algo a media mañá?

É aconsellable que coma regularmente e non pase moitas horas entre comidas.

Pode tomar algo lixeiro, como unha peza de froita fresca un iogur ou un lácteo líquido; un bocadillo pequeno e para beber, auga.

​​​
Comentarios (3 respostas)
  • María o 24/07/2015 ás 09:14

    Hola! Soy nutricionista y creo que recomendar tomar con la leche cacao (cuando en ningún caso va a ser cacao puro) y cereales de desayuno no es la mejor opción... Tanto los cereales de desayuno como el "cacao" que se suele utilizar son productos llenos de azúcar y con los nutrientes justitos, alimentos superfluos en cualquier rango de edad y más aún para los niños. Evitemos esto, por favor, habéis dado varias opciones más ;) Un saludo!

  • Xente con Vida o 18/10/2012 ás 14:06

    Susana, muchas gracias por contactar con nosotros. Te recomendamos que consultes esta duda con el pediatra de tu hija, él podrá aconsejarte adecuadamente para el caso personal de la pequeña. 

    Aunque el mercado oferta pan de molde libre de colesterol, en algunos casos puede llevar grasas añadidas, que aunque en el envase en la etiqueta las clasifique como “vegetales” no son recomendables para el problema de tu hija.  Por esto, al igual que con el resto de los alimentos, con el pan también recomendamos consultar la etiqueta nutricional del envase y, en caso de duda, elegir el pan tradicional, aunque sea congelado. 

    Te recordamos que el pan es un alimento saludable y nutritivo, gracias a la gran variedad de nutrientes que aporta a nuestra dieta, en forma de hidratos de carbono, proteínas, ácidos grasos esenciales, vitaminas y minerales. Todo ello hace del pan un alimento que tiene que formar parte de toda alimentación saludable, tal y como recomienda la Fundación de la Dieta Mediterránea. 

  • Susana o 17/10/2012 ás 03:36

    No tengo la posibilidad de que mi hija tome pan fresco en el bocadillo que le mando para el cole.Tiene el colesterol un poco alto.Que pan es menos perjudicial para ella?El de molde o el precocinado que hago en el horno ese mismo dia?

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.