Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Antes de elixir un alimento, consulta a etiqueta nutricional

Vota:
Resultado:
(3 votos)
Compartir:
Presentámosvos uns consellos para que ao comparar alimentos similares, poidades elixir o máis saudable.
84462598.jpg
Antes de elixir un alimento, consulta a etiqueta nutricional
  • A etiqueta nutricional dun produto infórmanos do seu contido en nutrientes.
  • O contido en nutrientes indícase segundo o tamaño da porción de consumo habitual e por 100 gramos.
  • Prefire alimentos baixos en graxas, calorías, sodio ou colesterol.

A etiqueta nutricional dun produto infórmanos do seu contido en nutrientes, permítenos comparar o valor nutritivo de varios alimentos e adecuar as eleccións ás nosas necesidades particulares (p. ex.: Hipertensión arterial e elección de produtos baixos en sodio).

etiqueta

O contido en nutrientes indícase segundo o tamaño da porción de consumo habitual e por 100 gramos. Pon atención a esta referencia cando leas a cantidade de nutriente.

Prefire alimentos baixos en graxas, calorías, sodio ou colesterol.

Compara uns produtos con outros e escolle segundo os seguintes criterios.

  • Enerxía.

    Indícase en Quilocalorías ou Quiloxulios. Escolle os que acheguen menos cantidade. Recorda que consumir un exceso de enerxía asóciase a sobrepeso ou obesidade, que á súa vez aumenta o risco das enfermidades cardiovasculares, hipertensión, diabete e algúns tipos de cancro.
  • Hidratos de carbono.

    Dentro deste apartado fíxate na cantidade de "simples" e "complexos ou amidón". Prefire os produtos abundantes en hidratos de carbono complexos e escasos en azucres simples. As persoas que teñen restricións no consumo de azucre deben revisar as etiquetas dos produtos dietéticos, moitos dos cales conteñen azucre ou a substitúen por frutosa ou sorbitol, que achegan calorías.
  • Graxas.

    Dentro deste apartado fíxate en "Graxas saturadas", "graxas insaturadas" (poliinsaturadas e monoinsaturadas) e colesterol. Prefire os produtos con menos cantidade de graxa total, e dentro destes os máis baixos en graxas saturadas e en colesterol. Recorda que unha alimentación alta en graxas e, especialmente saturadas, se relaciona coas enfermidades cardiovasculares e algúns tipos de cancro.
  • Colesterol.

    Demostrouse que as persoas cuxa alimentación habitual ten un alto contido de colesterol e graxas saturadas, teñen un maior risco de enfermidades cardiovasculares, primeira causa de morte en Galicia.
  • Sodio.

    Observa a cantidade de sodio dos alimentos. Recorda que o seu elevado consumo está en relación coa hipertensión arterial. Escolle sempre, ante produtos similares, aqueles que conteñan menos cantidade de sodio.

tabla de la sal
Publicacións relacionadas que poden interesarche:
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.