Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/05/2016

Propiedades e beneficios do melón e a sandía

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:

Tanto o melón como a sandía son dúas froitas que poden ser moi beneficiosas para a nosa saúde, ademais poden consumirse de diversas formas: en batidos, zumes, xeados ou con outras froitas. Apórtannos vitaminas e teñen un alto contido en auga. A continuación darémosche una serie de razóns para que coñezas as súas propiedades e non deixes de incluílas na túa dieta.

Sandia

O melón contén unha alta cantidade de auga e unha cantidade de azucre inferior ao de outras froitas; feito que, unido a que apenas contén graxa, fai do melón unha das froitas con menor contido calórico.

É rico en minerais como potasio e magnesio. Aporta unha gran cantidade de vitamina C e xunto á laranxa, é unha das froitas con maior contido en ácido fólico (vitamina B9).

É de destacar tamén o seu contido en ß-caroteno que no noso organismo se transforma en vitamina A. Esta vitamina é esencial para a visión, o bo estado da pel, o cabelo, as mucosas, os ósos e para o correcto funcionamento do sistema inmunolóxico. A riqueza nestes carotenos increméntase nas variedades de melóns de polpa máis alaranxada.

En canto a sandía, o máis destacable na súa composición é o seu contido en licopeno. Este composto está asociado coa diminución do risco de enfermidade cardiovascular e coa protección fronte algúns tipos de cáncer.

En ambas froitas, o alto contido de auga estimula os riles para que funcionen con máis eficiencia, facilitando a eliminación de sustancias de desfeito e toxinas, e mellorando a función renal. Tamén están indicadas en estados de deshidratación acompañados de perdas de minerais (diarreas, suores abundantes e crises febrís).

A nosa suxestión: catro receitas con melón e sandía.

Receita_Polo Receita_Gazpacho Receita_Sorbete Receita_uvas

Lembra!

  1. Consume 3 ou máis froitas ao día.
  2. Toma froitas variadas e con distintas cores para garantir así un aporte nutritivo axeitado.
  3. Procura tomar sempre froitas de tempada.

FONTES

  • Equipo de Xente con Vida
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.