Xente con vida

Aprende a sentirte ben 14/06/2016

Celebracións saudables

Vota:
Resultado:
(3 votos)
Compartir:
As celebracións de festas en torno a unha mesa, sexan aniversarios ou calquera outro encontro entre familiares e amigos soen relacionarse con inxestas excesivas de alimentos pouco saludables. Pero isto non debe ser así, podemos empregar estas celebracións para fomentar hábitos de alimentación máis saudable, en especial entre os máis cativos da casa.
XCV - Chica_Fiesta
Consellos para celebracións máis saudables
  • Propón alternativas ás lambetadas: Existen opcións máis naturais e saborosas que non precisan de gran preparación como os froitos secos, macedonia de froitas, bocadillos saudables, tomates cherries, aceitunas, queixos de untar, guacamole con nachos...
  • Sustitúe os refrescos azucarados por zumes naturais ou batidos feitos con leite e froitas.
  • Presenta dun modo atractivo os alimentos, en especial para os nenos: xeados con formas divertidas feitos con zumes naturais de distintas froitas, pinchos de froitas con chocolate fundido por enriba...
  • Prepara sobremesas máis saudables, como tortas caseiras nas que empregues graxas máis saudables como o aceite de oliva virxe extra en vez da manteiga, tamén podes servir unha macedonia caseira, un pastel de froitas, iogur con amorodos....
  • Evita preparar cantidades excesivas de comida: Ten en conta o número de convidados para logo non ter que tirar comida ó lixo.
  • Non esquezas a saúde buco-dental: Lémbralle aos nenos a importancia de cepillar os dentes despois de comer, e máis, se inxeriron alimentos con azucre.

 

Receitas saudables para as festas de verán

Uvas

Bocadiños de uvas

Ingredientes:

  • Uvas
  • Queixo (mellor fresco)

Preparación:

Insertar a metade da uva, un anaco de queixo e a outra metade da uva nun escarvadentes realizando un pequeno bocadillo.

Receta polos

Polos de cores

Ingredientes:

  • Kiwis
  • Zume de laranxa e de lima
  • Sandía
  • Melón
  • Melocotón
  • “Fideos” de chocolate ou chocolate

Preparación:

Bater as froitas na batidora por separado para respectar as cores. Poñer no fondo dos moldes de xeado ou de xeos do conxelador, os “fideos” de chocolate. Engadir os batidos de froitas e poñer un pau de xeado ou similar. Deixar no conxelador.

Receta mazá

Mazá asada con “crocante” de frutos secos

Ingredientes:

  • Mazás
  • Leite evaporado
  • Froitos secos variados

Preparación:

Lavar as mazás e secalas. Cun coitelo afiado elimínanse as pebidas interiores. Engadimos un pouco de canela no oco. Asamos as mazás no forno a 200º de 20 a 30 minutos ou no microondas (tapadas) entre 3 a 5 minutos. Incorporamos por riba un batido realizado con leite evaporado e froitos secos triturados.

 

Queres aprender a facer tamén un saboroso biscoito?

Visita este artigo no noso blog: Biscoito de limón

FONTES

Axencia española de consumo, seguridade alimentaria e nutrición. Ministerio de sanidade, servizos sociais e igualdade.
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.