Xente con vida

Aprende a sentirte ben 21/06/2016

O Peixe Azul

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:

Tradicionalmente o consumo de peixe e marisco estivo moi arraigado na nosa cultura culinaria. Dentro da gran variedade de peixe que gozamos na mesa, podemos facer unha división en dous grupos: peixe branco e peixe azul.

Peixe_azul

O peixe azul caracterízase, ademais de porque os máis comúns teñen esa cor a primeira ollada, por ter un maior contido de graxa. Os máis frecuentes nos nosos pratos son: anchoa, anguía, atún, bonito, cazón, lamprea, peixe espada, salmón, arenque, bocareu, xurelo, cabala, palometa e sardiña.

Aínda que o peixe azul teña máis graxa, e por tanto máis calorías que o branco, non debemos ver isto como algo negativo. No peixe azul abundan os ácidos graxos do tipo omega-3, un tipo de graxa saudable que diminúe o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares, contribúe ao desenvolvemento neurolóxico normal nos nenos e nenas, mellora o perfil lipídico e axuda a controlar a hipertensión. Ademais, asociadas ás graxas atopamos as vitaminas liposolubles A e D; a primeira axuda ao bo funcionamento da visión e a segunda participa na absorción do calcio e axuda ao desenvolvemento dos ósos.

Lamprea

O peixe azul tamén é rico en vitaminas do grupo B, que se encargan de que o noso metabolismo funcione correctamente. Ademais é fonte de minerais como iodo, fósforo, calcio, selenio, manganeso e cobre. Este peixe é tamén unha magnífica fonte de proteínas de alta calidade, isto quere dicir que conteñen todos os aminoácidos esenciais que o noso corpo non pode fabricar e que son facilmente dixeribles.

O peixe azul forma parte de patróns dietéticos saudables tales como a dieta mediterránea ou a atlántica e o seu consumo é recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS); as recomendacións son consumilo como mínimo 1 ou 2 veces por semana.

Métodos de cociñado

Podemos recorrer a moitos métodos de cociñado diferentes para incluír o peixe na nosa dieta sen que resulte aburrido: á prancha, ao forno, frito, á brasa... Outra forma interesante de consumilo son as conservas de peixe, que nos permitirán dispoñer del de forma rápida e fácil cando non teñamos acceso a peixe fresco. O peixe conxelado tamén é unha boa opción para ter sempre unha reserva en casa. Cociñémolo como o cociñemos, unha boa ración de verduras é o complemento perfecto para o noso prato de peixe.

Deixámosvos aquí algunhas receitas que vos sirvan de idea para incluír peixe azul nos vosos menús semanais. Bo proveito!

Roliños_pescado

 

Pasta
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.