Xente con vida

Aprende a sentirte ben 08/07/2016

Menús saudables e vistosos para o verán

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
O consumo de polo menos dúas racións de vexetais ao día é fundamental para levar unha alimentación saudable, xa que nos achegan fibra, vitaminas, minerais e sáciannos moito con moi pouca cantidade de calorías. Dos vexetais que consumimos é recomendable que unha ración ao día sexa en cru, xa que así aproveitaremos nutrientes que se perden ao ser cociñados; pero non pensedes que cociñar os vexetais é malo, tamén hai nutrientes que necesitan ser cociñados para aproveitarse ben, por iso é bo combinar as dúas formas de consumo.

 

Portada

Ao pensar en vexetais en cru a primeira palabra que nos vén á mente é ensalada, e hoxe aprenderemos que isto non é sinónimo de aburrido. Para facer máis divertidas as nosas ensaladas podemos incluír remolacha ou cenoria para dar cor, ou froitos secos para darlle unha textura diferente. Engadindo alimentos proteicos como polo, salmón ou mexillóns, podemos converter a nosa ensalada nun prato único saudable, saboroso e moi nutritivo. Tamén podemos incluír distintas froitas en anacos, que achegarán cor, textura e nutrientes. Para aderezar podemos experimentar con combinacións de herbas aromáticas como perexil, menta ou romeu; engadir un pouco de zume de limón ou vinagre balsámico ou atrevernos coa salsa de iogur. Xa sabedes, hai vida máis aló da leituga aderezada con aceite e vinagre, e hoxe traémosvos algúns exemplos de ensaladas variadas que podedes incluír no voso día a día.

Ensaladas case completas
  1. Mexillóns (sen cuncha) ao vapor, aguacate, millo, tomate e perexil

    Aderezo: aceite e limón

  2. Salmón en dados ao vapor, cogombro e cenoria cocida

    Aderezo: aceite e eneldo

  3. Ovo cocido picado, follas frescas de espinacas, leituga, tomate, aguacate, ceboliño e cilantro

    Aderezo: aceite, vinagre e estragón

  4. Peituga de polo cocida e en tiras, mazá, mandarina, noces (non a menores de 5 anos), pasas, pemento vermello e verde

    Aderezo: salsa de iogur*

    Salsa de yogur para ensaladas:

    Iogur natural

    Aceite

    Cebola

    Menta

    Pasas para adornar

    Bater por cada unidade de iogur, media cebola pequena e unha cullerada de sobremesa de aceite.

  5. Sardiñas en conserva, cebola, pataca cocida e tomate

    Aderezo: aceite e limón

  6. Xamón cocido en tacos, mazá, apio, ceboliño, iogur e noces

    Aderezo: limón e un pouco de pemento

  7. Ensalada de cores: remolacha fervida, cenoria cocida en tacos, olivas negras e verdes e cebola en aros

    Aderezo: aceite e limón

  8. Brocoli ao vapor, tomate cereixa e queixo fresco

    Aderezo: Aceite e herbas aromáticas

  9. Leituga, cóengos, cenoria relada e pemento vermello

    Aderezo: salsa de iogur

  10. Pasas e froitos secos picados (non a menores de 5 anos), leituga variada, mazá e mandarina ou laranxa

    Aderezo: Aceite e vinagre aromático

  11. Ensalada de arroz: arroz cocido, pemento vermello e verde asados, berenxena e tomate á prancha

    Aderezo: Aceite aromatizado con allos tenros

FONTES

  • Equipo de Xente con Vida
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.