Xente con vida

Aprende a sentirte ben 18/08/2016

Legumes, tamén no verán

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:

Os legumes son un alimento que debemos incluír na nosa dieta en calquera época do ano. Aínda que as situamos máis en pratos quentes típicos do inverno, son tamén un ingrediente ideal para as ensaladas de verán. Neste 2016 atopámonos no Ano Internacional dos Legumes, promovido pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura); por iso en Xente con Vida queremos aproveitar a ocasión para lembrarvos as cualidades nutritivas deste grupo de alimentos.

XCV_Portada_Legumes.jpg

Existe unha gran cantidade de legumes consumidos ao longo de todo o mundo; entre as máis típicas da nosa contorna atopamos as fabas de distintos tipos, os garavanzos, as lentellas ou a soia. Son parte indispensable dunha alimentación saudable debido ao seu alto contido en fibra, ferro, proteínas e antioxidantes; ademais teñen pouca graxa e azucre. Son alimentos que achegan moita enerxía coa vantaxe engadida de que son moi saciantes, isto significa que nos enchen moito comendo pouca cantidade.

XCV_LEGUMES_VERAN_1_GAL.jpg

Os legumes necesitan pouca auga para a súa produción e axudan a mellorar a calidade do chan onde se cultivan, polo que ao consumilos estaremos a axudar ao medio ambiente ademais da nosa saúde​. A pesar dos seus beneficios, son alimentos baratos; e o que tamén é moi importante, se sabemos incluílos nas nosas receitas teremos uns pratos deliciosos. Con todo, e a pesar de que tradicionalmente foron parte importante da nosa alimentación, o seu consumo está a baixar cada vez máis, tal vez porque sabemos pouco sobre eles​.

Todos situamos perfectamente os legumes en pratos quentes, como potaxes e cocidos, que se consomen durante o inverno. Pero agora no verán, este tipo de pratos fánsenos menos apetecibles. Non hai problema, podemos incluír legumes en pratos fríos como ensaladas, minestras ou empanadillas. Deixámosvos aquí algunhas receitas deliciosas para que empecedes a incluír legumes nos vosos menús semanais. Non dubidedes en experimentar, combinar e probar cousas novas; e non esquezades que os legumes poden ser un compañeiro de vida sa tanto no inverno como no verán.

Receitas:
Fabas en vinagreta
Empanadillas andaluzas

Ensalada de lentellas
Ensalada de garvanzos
Lentellas salteadas

 

FONTES

  • Equipo de Xente con Vida
​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.