Xente con vida

Aprende a sentirte ben 24/08/2016

Consellos para practicar actividade física no verán

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:

Coa chegada do verán, o sol e as boas temperaturas anímannos a practicar actividade física ao aire libre. Desde Xente con Vida queremos que realices actividade física de forma regular para vivir mellor e con mellor calidade de vida, por iso, a continuación dámosche unha serie de consellos para gozar da túa actividade física estival.

actividade física bicis 
 
Xa estamos no verán. Unha estación ideal para practicar actividade física. Lembra que...
  1. O corpo humano está deseñado para moverse e necesita practicar actividade física de forma regular para alcanzar un adecuado desenvolvemento físico e cognitivo durante a etapa infanto-xuvenil e así gozar dun envellecemento saudable.
  2. A actividade física permítenos manter un peso corporal saudable reducindo a graxa corporal.
  3. Un estilo de vida, fisicamente activo, mellora a función cognitiva e asóciase cun menor risco de deterioración cognitiva e de demencia.
...en definitiva, a actividade física non só axuda a vivir máis, senón a vivir mellor e con mellor calidade de vida.
 ART_39_IMAGEN_1_GAL.png
Aproveita o bo tempo para realizar as actividades físicas que máis che gusten:
  • Practica as túas actividades físico-deportivas favoritas.
  • Pasea pola praia, pola contorna, etc.
  • Xoga ás pas, etc.
  • Aproveita as oportunidades lúdicas da auga.
  • E sobre todo, reduce as actividades sedentarias, como estar tombado ou sentado.
Non te esquezas de tomar as precaucións pertinentes para gozar da túa actividade física estival:
  1. Elixe o momento do día e o lugar adecuado para realizar actividade física no verán.
    • A combinación de actividade física e altas temperaturas aumenta o risco de sufrir un golpe de calor.
    • Evita realizar actividade física nas horas centrais e máis calorosas do día (entre as 12h e as 17h).
    • Elixe as primeiras horas da mañá ou as últimas da tarde. Se non é posible, decántate por actividades á sombra ou no medio acuático.
  2. A hidratación é fundamental.
    • A combinación de altas temperaturas e actividade física provoca un aumento da sudación, perdendo auga e electrólitos, aumentando o risco de lesións musculares.
    • Inxire auga, zumes naturais, infusións, antes durante e despois da actividade física. Evita bebidas e refrescos comerciais que conteñan outros ingredientes como azucres simples ou electrólitos en cantidades excesivas.
  3. Coidado co sol, evítao ou protéxete.
    • Se realizas a túa actividade cando o sol incide directamente no teu corpo aplica crema solar.
    • Atento ás zonas máis expostas ao sol: zona cervical, brazos, pernas, orellas, mans.
    • Protexe os ollos con lentes e gorra adecuadas.
  4. Utiliza roupa e calzado adecuados.
    • Elixe roupa preferentemente técnica, cómoda, lixeira, que transpire e con cores claras.
    • O calzado debe ser apropiado, cómodo, lixeiro e que transpire.
  5. Atención ás comidas.
    • Non realices actividade física de intensidade moderada-alta inmediatamente despois de comer. Si que estaría indicado pasear.
    • Asegúrate de que a dixestión finalizou (entre 2-4 horas).
    • Evita as comidas copiosas antes de realizar actividade física.
    • Elixe alimentos de fácil dixestión.
 
FONTES
  • Equipo de Xente con Vida

 

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.