Xente con vida

Aprende a sentirte ben 05/09/2016

Previr a carie dental

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:

A carie dental é unha das enfermidades máis frecuentes nos países industrializados, sendo a responsable da maior parte da perda das pezas dentais. Na orixe da carie teñen un papel importante a alimentación, a hixiene e a resistencia do dente. Para a prevención da carie aconséllase actuar simultaneamente na modificación da dieta por unha menos carioxénica, na realización dunha correcta hixiene bucodental, no aumento da resistencia do esmalte dental mediante a administración de flúor e visitando periodicamente ao/á dentista.

Carie dental

Para manter con boa saúde os dentes faise imprescindible ter unha dieta equilibrada que garanta o aporte axeitado de todos os nutrientes necesarios: hidratos de carbono, proteínas, graxas, vitaminas, minerais e auga. Unha dieta pouco equilibrada na que se abusa de alimentos ricos en azucres (caramelos, chocolates, xeados, refrescos, doces de todo tipo, etc.), coñécese como dieta carioxénica ou produtora de carie.

Para ter unha boa dentadura, os mellores alimentos son aqueles ricos en proteínas e vitaminas (peixes, carnes, froitas,...) e os que aportan calcio e outros minerais (leite, queixo, iogur). O aporte de hidratos de carbono débese facer consumindo alimentos ricos en fibra, tales como verduras, cereais e froitas, e non aqueles ricos en azucres e fariñas refinadas.

Nombre_imagen_portada

O cepillado da dentadura con pasta dentífrica con flúor ten demostrado ser moi eficaz na prevención da carie, xa que o seu uso aumenta a resistencia do esmalte dental. O fío dental é outro instrumento complementario que pode ser empregado na eliminación da placa nos espazos interdentais. O ideal sería cepillarse despois de cada toma de alimento, preferiblemente despois do almorzo, do xantar e da cea.

Para aumentar a resistencia do esmalte dental, emprégase o flúor. Entre os métodos de aporte de flúor, contémplanse as enxaugaduras bucais, a utilización diaria de pasta dentífrica con flúor ou as aplicacións locais realizadas por profesionais.

Nombre_imagen_portada

Visitar periodicamente aos profesionais da saúde bucodental é unha medida preventiva moi eficaz, xa que permite a detección precoz da carie, podendo atallala coa aplicación de flúor mediante vernices e pastas con flúor en zonas afectadas.

FONTES

  • Equipo de Xente con vida
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.