Xente con vida

Aprende a sentirte ben 25/10/2016

Consellos para que os máis pequenos coman de todo: consellos para a compra

Vota:
Resultado:
(3 votos)
Compartir:

Nas primeiras etapas da vida, é común rexeitar algún alimento baseándose na aparencia, a textura ou o sabor. En moitas ocasións evítanse aínda sen probalos nunca. Isto corresponde a unha reacción normal no desenvolvemento, que debemos aceptar como unha etapa máis do seu proceso de aprendizaxe.

Nombre_imagen_portada  

Para que esta actitude non se prolongue no tempo, podemos aplicar as seguintes estratexias á hora de facer a compra:

1.Ir ao mercado en familia sempre que se poida.

Os mercados ofrecen unha orixinal "clase práctica". As propiedades dos peixes e das froitas lémbranse mellor se as asociamos cos alimentos expostos. Podemos aproveitar as visitas ao supermercado para coñecer alimentos, comentar as súas propiedades e aprender a facer eleccións saudables.

Nombre_imagen_portada

2.Permitir que os máis cativos da casa fagan unha compra.

Podemos asignarlles unha pequena cantidade de diñeiro e deixar que elixan a froita ou o peixe. É un bo momento para facer comentarios acerca da frescura, propiedades ou da relación calidade prezo. Logo, podemos establecer certas regras "divertidas":

  • Se fan a compra de froita e verdura, terán que comprar vexetais de varias cores diferentes.
  • As persoas maiores estaremos "obrigados" (xa vez na casa) a probar os alimentos que compraron as nenas e nenos.
Nombre_imagen_portada

3.Observar, manipular e comentar aspectos dos alimentos.

Axudar a preparar a comida e realizar pequenas tarefas culinarias son aspectos que favorecen a aceptación de novos alimentos. Da mesma forma é aconsellable permitir que se manipulen, corten en anacos e corten os alimentos presentes no prato.

Nombre_imagen_portada


FONTES

  • Equipo de Xente con vida


OUTROS ARTIGOS RECOMENDADOS

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.