Xente con vida

Aprende a sentirte ben 27/02/2017

Consellos para que os máis pequenos coman de todo: como planificar o menú familiar e facer a compra

Vota:
Resultado:
(5 votos)
Compartir:

Nas primeiras etapas da vida, é habitual que os mais pequenos rexeiten algún alimento baseándose na apariencia, na textura ou no sabor, aínda que nos os probaran nunca. Isto corresponde a unha reacción normal no seu desenvolvemento, e debémola aceptar como unha etapa máis no seu proceder de aprendizaxe.

Nombre_imagen_portada  

 

No mercado de abastos
Nombre_imagen_portada

1. O mercado tamén ensina a alimentarse ben!

Cando poidas, pasea polos mercados. Ofrecen unha orixinal “clase práctica”. As propiedades dos alimentos apréndense mellor se se asocian cos alimentos expostos. Recorda que coñecer, ver, ulir e familiarizarse cos alimentos constitúe o primeiro paso para mellorar a aceptación dos mesmos. Aproveita para facer comentarios acerca das súas propiedades ou da súa relación calidade-prezo:

 

  1. “Elixe o peixe cos ollos brillantes e as galas moi vermellas”.
  2. “Fíxate no olor, o fresco “ole” ben!”.
  3. “Escolle as verduras con follas tersas e os vexetais de temporada”.

 

2. Xogamos a “ser maiores”

Os adultos da casa podemos adxudicarlles certa cantidade de diñeiro aos mais pequenos para que elixan e compren alimentos como froita ou peixe. Logo, podemos establecer certas reglas “divertidas”:

 

  1. Se fan a compra de froitas e verduras, ao menos terán que mercar un vexetal de cada cor.
  2. Tódolos membros da familia estarán “obrigados” a probar os alimentos que compraron os nenos.
  3.  

    3. Matemáticas, lingua e xeografía “económica”no mercado. Por que non?

    Ademáis de levar a conta do que gastamos, aprendemos unidades de medida, proporcións e distribucións. Podemos tamén fixarnos na fala dos vendedores, na forma que teñen de animar a mercar os seus produtos, nos rótulos coas ofertas, etc.

    Do mesmo xeito, é un paseo moi interesante para coñecer os alimentos de tempada cultivados polos vendedores, etc.

    4. Actividade “activa” en familia

    Pasear, moverse, é sempre bo para toda a familia. Un paseo polo mercado de abastos é unha gran oportunidade para estirar as pernas, ademais de coñecer os diferentes aspectos dos alimentos.

    Lembra: A importancia do consumo de alimentos frescos e de tempada, que deberían constituír a base da alimentación infantil. Ao probalos, acostúmanse ao sabor natural dos alimentos e, polo xeral, as súas calidades nutricionais son óptimas.

    No supermercado
Nombre_imagen_portada

1. Toma decisións acertadas despois de ler a etiqueta nutricional dos envases

Antes de elixir os alimentos, amósalles a información da etiqueta e coméntalles:

 

  1. O listado de ingredientes, expresados de máis a menos cantidade.
  2. A táboa de información nutricional, sobre o aporte calórico e o contido en nutrientes do producto. Adoita estar indicado para 100g de alimento e por ración habitual de consumo. Toma a referencia do contido de nutrientes por 100g sempre que compares entre alimentos similares para elixir un alimento.
  3. As posibles alegacións de saúde. Recorda que a lexislación indica que deberán estar ben documentadas e evaluadas previamente. As distintas declaracións poden ser: Nutricionais (afirman, suxiren ou dan a entender que un alimento posúe propiedades nutricionais específicas); de propiedades saudables (afirman, suxiren ou dan a entender que existe unha relación entre un ingrediente e a saúde) e relacionadas cos efectos nutricionais ou fisiolóxicos dos ingredientes.

    2.Xogamos a ser expertos en saúde

    Buscamos as galletas e biscoitos mais axeitados para os avós, porque deben comer con pouco sal, observamos cantas proteínas hai nos frascos de garavanzos, canto azúcar teñen as nosas sobremesas preferidas, etc.

    3. Facemos un “mapa”

    E vemos onde están situados os alimentos frescos, que alimentos deben estar conservados en frío, etc.

    Lembra que é necesario aprender a facer eleccións alimentarias saudables. A oferta alimentaria, o colorido e o deseño dos envases e o atractivo dos expositores son factores que poden inducir a elección de certos productos alimenticios polos máis pequenos.

FONTES

  • Equipo de Xente con vida
​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.