Xente con vida

Aprende a sentirte ben 20/03/2017

Consellos para que os máis pequenos coman de todo: Á hora de sentarse á mesa

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:

Seguindo os consellos dos artigos anteriores, incluimos algunhas suxerencias para que os máis pequenos acepten e non rexeiten ningún alimento.

ART_52_PORTADA.png

1. Á hora da comida, excluíde o televisor.

Comer co televisor impide a conversación familiar e provoca moitas veces excesos ou defectos na cantidade de alimento consumido. Por isto, non é recomendable "entreterlles" para que coman, e menos aínda facendo uso do televisor ou doutro tipo de pantallas. Ademais, as pautas alimentarias que se ofrecen na publicidade de alimentos e bebidas por esta canle, non son sempre as máis adecuadas para a idade infantil.

2. Fomentade a conversa na mesa.

Manter na mesa unha conversación tranquila e agradable, fará da hora da comida un momento placenteiro. Este é un momento axeitado para comentar experiencias e aspectos agradables das xornadas laboral e escolar. Tamén podemos destacar aspectos sobre as experiencias positivas cos alimentos, como saben, como lles gustan máis, como cheiran etc. Pola contra, aconséllase evitar conflitos ou discusións, teñan ou non que ver coa comida.

3. Intentade ser flexibles.

Non hai que preocuparse ante o rexeitamento a probar novos alimentos. Si se ofrecen en ocasións sucesivas, aos poucos, acabaranos introducindo na súa dieta. Non é conveniente forzarlles nin rifar xa que os alimentos nunca deber ser utilizados como premio ou castigo. Si non queren comer, non é boa práctica substituír alimentos que non lles gustan por outros do seu agrado. É mellor animar a probar o alimento, e si non se consegue, esperar e volver intentalo noutras ocasións. Para facilitar esta tarefa, podemos usar a imaxinación. Por exemplo, podemos organizar un campionato de chefs na casa. Facemos equipos (papá e a avóa; mamá e os tíos), que elaborarán receitas ricas. Os xuíces, que terán que probar o cociñado, serán os máis pequenos da casa.

4. Ofrecede unha gran variedade de alimentos.
ART_52_IMAGEN_1_GAL.png


Salvo o leite materno nos primeiros seis meses de vida, ningún alimento presenta todos os nutrientes necesarios. En función dos diferentes grupos, cada un aporta distintas propiedades e beneficios para un crecemento e desenvolvemento óptimo.

Aconséllase por isto ampliar "a carta" do noso restaurante doméstico, fomentado a inclusión de novos ingredientes, receitas e preparacións culinarias. Unha boa idea é ofrecer o novo ao principio de cada comida, cando o neno ten máis apetito.

5. Axudádelles a trocear ou desmiuzar os alimentos.

Aínda que é recomendable que desde a idade infantil os escolares manipulen os alimentos, é necesaria a supervisión dun adulto para previr que os pequenos se atragoen. Recordade que a consistencia, o troceado e a textura dos alimentos teñen que estar en función da idade do neno.

6. Servide porcións e consistencias adecuadas.

A ración na idade infantil non é a mesma que para un adulto. É preciso ensinar a comer con moderación, servindo os alimentos en función das súas racións recomendadas. Ademais, podemos incluír unha serie de estratexias como servir o alimento en cada prato e prescindir das fontes na mesa, fomentar un consumo responsable aínda cando os alimentos sexan moi do agrado do neno, seguir un horario adecuado de comidas etc. O concepto moderación hai que asocialo sempre ao de variedade: un pouco de cada cousa e non moito dunha soa. É importante recordar que unha persoa obesa non é sinónimo dunha persoa sa.

7. Ofrecédelles un almorzo completo a diario.

A enerxía que aporta o almorzo debe ser a cuarta parte da enerxía total do día. Aconséllase que inclúa leite ou lácteos como o queixo e o iogur, pan ou cereales e froita fresca máis frecuentemente que zumes, aínda que estes sexan naturais. Recordade variar alimentos dentro de cada grupo.

8. Recordade as necesidades de hidratación e beber auga con frecuencia.

A auga debe ser a bebida habitual na casa. Por iso, non son aconsellables outras bebidas ou refrescos e menos como premios ou como integrantes de mesas familiares en datas especiais, festas infantís, etc.. As bebidas ricas en cola ou as bebidas enerxizantes poden ter un alto contido en azucres simples e cafeína, que tomados con frecuencia poden inducir efectos perxudiciais na infancia. Ademais, o seu consumo habitual pode desprazar ao do leite, particularmente baixo nalgunhas etapas como a adolescencia. Non é recomendable o leite líquido como bebida de elección na comida.

9. Limitade o consumo de "comida fácil": fritos envasados, pizzas, hamburguesas, lambetadas e doces industriais.

O consumo habitual destes alimentos densos en enerxía é un dos responsables no desenvolvemento de patoloxías como a obesidade infantil. Sempre se poden atopar alternativas máis saudables que necesiten pouco tempo de preparación e a base de alimentos de orixe vexetal. Isto é particularmente importante para as merendas e ceas infantís.

Lembra...

É importante saber que os ingredientes para establecer e consolidar os hábitos alimentarios desde a infancia pasan pola constancia, a imaxinación, o ambiente relaxado e as eleccións saudables á hora da comida.

FONTES

  • Equipo de Xente con Vida

OUTROS ARTIGOS RECOMENDADOS

​​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.