
Un estilo de vida saudable na infancia é determinante do estado de saúde ao longo da vida. A adquisición, o establecemento e a consolidación de hábitos saudables, en particular do patrón dietético e de actividade física, comezan a establecerse a partir do segundo ano de vida, están consolidados antes de finalizar a primeira década e persisten, en gran parte, ata a vida adulta.
O peixe é un excelente alimento e tamén é un dos menos aceptados, en xeral, polos nenos. Ás veces os pais/nais deixan de preparalo ante a negativa dos rapaces a comelo, contribuíndo así a unha menor aceptación. Imos propoñervos ideas para conseguir que os máis pequenos coman peixe, e o máis importante, que lles acabe gustando!.
Os peixes son unha excelente fonte de proteínas de elevada calidade, de vitamina D e de iodo. Os seus ácidos graxos omega 3 son precursores de substancias que exercen importantes accións beneficiosas para a saúde cardiovascular. A variedade e as diferentes formas de preparación, fan do peixe un dos alimentos máis versátiles para planificar o menú dos nenos.
Tanto os peixes frescos como os conxelados ou en conserva son opcións saudables. Non obstante, os precociñados rebozados deberían limitarse polo seu exceso calórico e pola necesidade de preparalos en frito, o que esixe unhas condicións determinadas para un correcto cociñado.
Aconséllase unha frecuencia de consumo de dúas racións de peixe á semana. Por ser potencialmente alerxénico introducirase na dieta dos nenos e nenas a partir dos 9 meses de idade..
Recomendacións para a introdución de alimentos
Recomendacións á hora de mercar peixe
Para saber se un peixe está fresco ou non, debemos fixarnos nos seguintes catro elementos:
Pel: Se está brillante, limpa, con cores ben definidos estará máis fresco. Pero senon ten brillo, as cores sen contraste e o aspecto é seco é síntoma de menor frescura.
Ollos: Se as cores están moi definidas, brillantes, a pupila é negra, o cristalino transparente, a forma é, en xeral, convexa significa que está fresco. Sen embargo, se as cores no están definidas, a pupila é gris, o cristalino é nublado ou opaco e está fundidos ou hinchados significa menor frescura.
Branquias: Se a cor é vermella intensa ou oscura, na pescada vermella tirando a rosada significa que está fresco, o olor será mariño. Pola contra, se está decolorado cun aspecto pardo, estará menos fresco e o olor será amoniacal, fecal, a fermentación.
Textura: Se é ríxida e firme ao tacto estará fresco, se é blanda e o aspecto non se recupera tralo tacto estará menos fresco.
Ideas para que os nenos coman peixe
Prepara receitas orixinais: Podemos cociñar o peixe en forma de albóndiga, hamburguesa, filete ruso de peixe... receitas que soen gustar aos nenos. A presentación é importante así que fai platos atractivos e divertidos.
Combina o peixe con outros alimentos que lles gusten: Por exemplo pasta con salmón, garavanzos con espinacas e bacallau, sopa de peixe con arroz...
Implica aos nenos e nenas na compra e preparación do peixe: Poden axudar a cociñar e á hora da compra na praza ou no supermercado móstralle as diferentes especies e deixa que escolla o que lle gustaría para comer ou cear.
Ti es o mellor exemplo para os teus fillos e fillas: Todos debemos comer peixe, é moi saludable para todos os membros da familia (consume peixe varias veces a semana). Se os nosos fillos o ven como algo habitual nos menús diarios conseguiremos unha mellor aceptación pola súa parte.
Ofrece o peixe como primeiro prato: Se o pos como segundo prato pode ser que os nenos xa esten fartos e o rexeiten.
Recetas para que os nenos coman peixe

Filete ruso de peixe
Ingredientes:
Preparación:
Picar as hortalizas moi finas xunto co peixe e as ovas. Incorporar o leite evaporado, xunto co ovo batido, o pan relado, o allo e o perexil. Preparar un rolo, envolvelo en papel de aluminio e facelo no forno. Ao arrefriar un pouco, cortalo en toros e servir.

Pasta con salmón, chícharos e salsa de cítricos
Ingredientes:
Salmón fresco
Pasta
Chícharos
Allos tenros
Cebola
Zume de laranxa e limón
Aceite e aneto
Preparación:
Ferver os chícharos e reservar. Ferver a pasta ao dente. Mentres tanto, cortar o salmón en anacos pequenos e pasalos cos allos tenros e a cebola moi picados nun fondo de aceite. Engadir os zumes e o aneto e deixar que se reduza un pouquiño. Botar a salsa sobre a pasta e os chícharos e servir.


Boliños de atún
Ingredientes:
Atún fresco
Olivas
Pemento morrón asado
Xamón
Ovos
Miolo de pan
Leite
Cebola, alloo y pirixel
Preparación:
Picar o atún fresco, as olivas, o pemento morrón, o xamón, a cebola e o allo. Engadir os ovos batidos e amalgamar co miolo de pan mollado en leite. Formar boliños. Rebozar en fariña e fritir. Incorporar unha salsa de tomate natural e pasar a lume lento na salsa.

FUENTES
Guía de axuda para programar os menús escolares. Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. 2014
Equipo de Xente con vida