Xente con vida

Aprende a sentirte ben 06/06/2017

Embarazo e tabaco

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:

Se estás embarazada e fumas, pide axuda ao teu profesional sanitario de referencia, pode axudarche a deixalo

Deixar de fumar é sempre a mellor decisión para a nosa saúde, pero especialmente se somos mulleres e estamos embarazadas. O tabaco non só fai dano á sáude da muller senon tamén á do bebé. Tamén debemos ter en conta que antes do embarazo, deixar de fumar aumenta as posibilidades de conseguilo.

ART_62_PORTADA.jpg

Durante o embarazo, a maioría das mulleres preocúpanse máis da súa saúde e do seu bebé, polo que hai tendencia a eliminar as situacións de risco (coller pesos, subirse a alturas…) e a reducir o consumo de sustancias tóxicas, como tabaco, alcohol e café.

A principal razón para deixar de fumar é coidarse a unha mesma, non ten sentido perder anos e calidade de vida. Pero reducir o consumo de tabaco non é suficiente: ¡5-6 cigarros tamén fan dano!.

  • Non existe un nivel seguro de consumo, nin de exposición ao fume do tabaco. Fumar “pouco” segue sendo un risco para a túa saúde e a do teú bebé.

  • Os cigarros baixos en nicotina son igualmente perxudiciais para a saúde, xa que téndese a dar caladas máis profundas ou a aumentar o número de cigarros coa finalidade de chegar aos niveis de nicotina aos que se está acostumado.

  • É máis doado deixar de fumar que manter a redución.

Se ti fumas, o teu bebé tamén fuma, xa que depende exclusivamente de ti. Con cada calada, a nicotina e outros compostos do cigarro chegan ao feto, e fan que a súa respiración sexa máis lenta e o seu corazón latexe máis rápido, chegándolle menos osíxeno e dificultando o seu crecemento normal.

Ao deixar de fumar disminúe o risco de presentar:

  • Aborto espontáneo (pérdida do bebé).

  • Parto prematuro, que xeralmente acompáñase de inmadurez fetal.

  • Alteracións na placenta: desprendemento placentario, que da lugar a hemorraxias.

  • Malformacións conxénitas e morte fetal ou perinatal.

Se ti non fumas, o teu fillo ou filla terá menos risco de presentar peso baixo ao nacer, inmadurez pulmonar ou taquicardia fetal (ao chegarlle menos osíxeno, o seu corazón ten que traballar mais), que poden deixar secuelas na vida adulta.

Durante a lactación, a nicotina pasa ao leite materno e dálle mal sabor, polo que o neno pode rexeitalo. Ademais, fumar acurta o período de lactación e a produción de leite é máis escasa. Tamén pode producir:

  • Unha maior irritabilidade.

  • Vómitos.

  • Diarreas.

  • Hiperexcitabilidade.

  • Alteracións do sono.

  • Cólicos intestinais.

Vantaxes de deixar de fumar:

  • Mellorará a túa saúde e a do teu fillo ou filla, a túa calidade de vida, o aspecto da túa pel, o teu gusto e olfacto, e aforrarás cartos cos que poderás ter algún capricho.

  • Os teus fillos ou fillas terán menos risco de padecer síndrome de morte súbita durante o primeiro ano de vida, déficit de atención ou hiperactividade; catarros, bronquite, asma, pneumonías e otites; faltarán menos á escola e terán máis facilidades no seu proceso de aprendizaxe.

  • Será un exemplo positivo para os teus. Lembra que os nenos e nenas imitan os comportamentos, opinións, valores e actitudes dos adultos. De feito, os fillos de pais e/ou nais fumadores teñen máis do dobre de posibilidades de converterse en fumadores.

  • Continuar sen fumar é o mellor que podes facer por ti mesma e polo teu bebé. Serás un exemplo positivo para o teu fillo ou filla. Sentiraste con máis enerxía, con menos problemas de saúde, aforrarás cartos e sentiraste orgullosa do teu éxito.

Mantente en contacto permanente cos teus profesionais sanitarios de referencia e fala igualmente co teu profesional que atende ao teu bebé sobre as formas e os mellores métodos para manterte afastada do tabaco despois de que naza o teu fillo ou filla.

FONTES

Equipo de Xente con vida

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.