Xente con vida

Aprende a sentirte ben 07/06/2017

Consellos sobre a lactación materna

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:

A Organización Mundial da Saúde, Unicef e a Asociación Española de Pediatría recomendan que todos os bebés reciban lactación materna exclusiva durante os primeiros 6 meses de vida, e complementada con outros alimentos, polo menos, ata os 2 anos de idade

ART_60_PORTADA.jpg

Moitos son os estudos científicos que demostran que os bebés aleitados teñen un mellor estado de saúde e menor risco de padecer enfermidades. O desonvolvemento neurolóxico mellora e o vínculo coas súas nais vese facilitado, grazas á acción das hormonas relacionadas coa lactación e a un maior contacto físico e visual.

O inicio da lactación materna debe ser o máis pronto posible; para favorecela, recoméndase o contacto pel con pel inmediatamente despois do nacemento. Cando nacen, os bebés están espertos pero tranquilos se están pegadiños á súa nai. É o chamado período sensitivo, no que bebé e nai se recoñecen mutuamente polo olor, tacto, vista, oído... Tamén é o momento ideal para que fagan a primeira toma. A lactación deberá continuar sen restrición ningunha a partir do nacemento, seguindo os sinais de demanda do bebé.

Cando queren mamar, os bebés comezan a revolverse, buscan coas meixelas, cabecean, fan ruidiños ou chupan as mans; é o momento de poñelos a mamar. Se están tranquilos, ou incluso algo adurmiñados, serán capaces de mamar mellor. Non convén esperar a que o bebé chore para ofrecerlle o peito. O pranto é un sinal tardío de fame e o bebé estará máis nervioso e será máis complicado aleitalo.

Os primeiros días o peito produce o chamado costro, que se produce en pequenas cantidades pero cun enorme valor nutritivo e inmunolóxico, sendo unha verdadeira fonte de saúde e protección para os máis pequenos.

Os propios bebés decidirán canto tempo precisan mamar e con que frecuencia, é esta a esencia da lactación: A demanda.

Ao principio as tomas son frecuentes e longas xa que, para mamar, o bebé ten que coordinar a succión con respirar e tragar e iso require certo adestramento. Ademais, o leite materno dixírese máis facilmente que os leites de fórmula, e o estómago do bebé ten unha capacidade pequena (uns 60 ml ás 3 semanas) polo que necesitan mamar frecuentemente.

As tomas non deben ser regulares; haberá momentos do día nos cales o bebé pida máis a miúdo (xeralmente pola noite) e outros en que descansen máis. O importante é que fagan arredor de 8 a 12 tomas ao longo do día, e pode que incluso máis.

Ter os bebés no colo é unha boa maneira de detectar os primeiros sinais de fame e, polo tanto, de saber cando é un bo momento para ofrecerlles o peito.

Hai que ter en conta que os bebés non só piden o peito por fame, senón tamén para relaxarse. É a chamada succión non nutritiva, que resulta tamén moi importante como adestramento e estimulación da produción do leite.

Estes primeiros días é moi importante non ofrecer chupetas nin biberóns para non limitar o acceso ao peito, xa que a produción de leite depende da succión e demanda do lactante. Ademais, a succión das mamadeiras é diferente á do peito polo que poderían dificultar o establecemento da lactación materna. A maior succión, maior es- tímulo e maior produción de leite. 

ART_60_IMAGEN_1_GAL.jpg

Vantaxes da lactación materna:

  • Unha das propiedades máis importantes do leite materno é a de protexer o bebé fronte a infeccións tales como diarreas, infeccións respiratorias ou otites, xa que, durante o primeiro ano de vida, as súas defensas non están perfectamente desenvolvidas. Así mesmo, son menos frecuentes os problemas de tipo inmunolóxico tales como a asma, alerxias... Tamén se sabe que os bebés aleitados teñen menor risco de padecer certas enfermidades crónicas intestinais, diabete, hipertensión, obesidade e mesmo cancro.

  • Por outra banda, a lactación materna tamén mellora a saúde da nai. Favorece a recuperación da muller tras o parto ao facer que o útero se contraia máis rapidamente e a perda de sangue sexa menor; reduce o risco de padecer cancro de mama e ovario, así como enfermidades cardiovasculares, osteoporose...

  • A sociedade tamén sae beneficiada coa lactación ao reducir o gasto sanitario e o tempo e enerxía investidos na preparación de sucedáneos do leite materno. Tampouco necesita envases que haxa que eliminar.

Consellos para un bo aleitamento:

  • Busca un ambiente tranquilo e relaxado.

  • Adopta unha postura que che resulte cómoda a ti e o teu bebé. Coñecer e aplicar diferentes posturas pode axudar a aliviar molestias nalgún momento.

  • O corpo do bebé deberá estar aliñado, sen forzar a postura do pescozo, e en estreito contacto coa nai. De ter que agarralo é mellor sostelo polos ombreiros e deixar a cabeza libre para que a poida mover.

  • O mellor sinal de que o bebé está a mamar correctamente é que o peito non doe, séntes o bebé facer succións profundas movendo o queixo coa meixela chea, e mesmo se sente como traga.

  • É recomendable que a matrona ou o pediatra revisen o bebé aos tres ou catro días do nacemento para verificar que a perda de peso non é excesiva e que todo vai ben.

  • Observa a ouriña e as deposicións do bebé; as primeiras deposicións son negras, pastosas e pegañentas, e chámanse meconio. Aos tres días pasan a ser máis verdosas e líquidas, ata que aparecen as típicas deposicións amarelentas. Nos aleitados adoitan ser máis líquidas e case sempre aparecen tras as tomas.

  • Quen mellor extrae o leite e regula o establecemento da lactación materna é o bebé; ofrecerlle de mamar cada pouco e sen límite de duración das tomas, reducirá os problemas de ingurxitacións e posibles mastites.

  • Ten confianza na túa capacidade natural para aleitar.

  • FONTES

    Equipo de Xente con Vida

    Deixa un comentario



     

    ¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

    Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

    Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

    Kg.

    m.


    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    BAIXO PESO​
    ​​
    Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    NORMOPESO​​
    Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    SOBREPESO I
    Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
    ​​

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    SOBREPESO II​
    ​​
    Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    OBESIDADE I​
    ​​
    A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    OBESIDADE II​
    ​​
    A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    OBESIDADE III​
    ​​
    A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.