Xente con vida

Aprende a sentirte ben 12/09/2017

12 razóns para tomar froitas, legumes e hortalizas

Vota:
Resultado:
(7 votos)
Compartir:
12 razóns para tomar froitas, legumes e hortalizas

Estes grupos de alimentos achegan substancias moi beneficiosas para a saúde. Entre outras funcións poden axudar a previr o risco de certas enfermidades metabólicas e cardiovasculares.

ART_71_PORTADA.png

  1. Baixa achega de sodio e elevada achega de potasio: Axudan a manter a tensión arterial en límites normais e a previr enfermidades cardiovasculares.
  2. Protección fronte a moitas enfermidades graves.
  3. Gran variedade de cores, sabores e texturas.
  4. Fonte de ácidos graxos esenciais, proteínas, vitaminas e minerais: Elevada densidade nutricional (pouca contribución calórica e alta achega de nutrientes como vitaminas e minerais (folatos, vitamina C, provitamina A...)
  5. Sen colesterol: Axudan a manter a tensión arterial en límites normais e a previr enfermidades cardiovasculares
  6. Consumo en calquera momento e lugar.
  7. Sen glute.
  8. Baixa achega graxa.
  9. Boa calidade-prezo: Os legumes adoitan ter un prezo accesible todo o ano. Para as froitas e verduras aconsellamos adquirir sempre as propias da tempada.
  10. Fonte de fibra alimentaria: Un baixo índice glicémico e unha elevada achega de nutrientes como proteínas e fibra dietética, entre outros, fai dos legumes alimentos imprescindibles para axudar a previr certos desordes metabólicos como a diabetes ou a obesidade.
  11. Admiten variedade de preparacións: As preparacións de culler coma as potaxes (combinando hortalizas, legumes e alimentos ricos en carbohidratos como a pasta e o arroz) poden constituír un prato único sen necesidade de engadir carne ou peixe. Achegan os nutrientes necesarios en cantidade suficiente.
Comentarios (2 respostas)
  • Xente Con Vida o 08/01/2018 ás 11:21

    Bo día. A iniciativa de comunicación on-line “Xente con vida” ten entre os seus obxectivos a difusión de contidos informativos, principalmente, sobre alimentación saudable e promoción da actividade física regular en todas as idades e grupos de poboación, baixo unha perspectiva comunitaria. Grazas pola súa colaboración.

  • Amelia Paderne Sanchez o 07/10/2017 ás 09:38

    Todo esto de comer froitas , legumes etc- está moi ben se non fora porque estan cheas de productos tóxicos, que non nos benefician nada para a saúde. Eu como enferma de SQM ( sensibilidade química múltiple) sei do que falo. Unha enfermidade ambiental que nos obliga a comprar todolos alimentos ecolóxicos para poder "sobrevivir" nun mundo cargado de tóxicos. O da comida, máis ou menos ímolo resolvendo cós productos ecolóxicos, pero o que respiramos non somos quen sin axudas políticas que poñan máis empeño en solucionalo.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.