Xente con vida

Aprende a sentirte ben 12/09/2017

A roda dos alimentos

Vota:
Resultado:
(13 votos)
Compartir:
A roda dos alimentos

Nesta roda están representados todos os alimentos necesarios para acadar un óptimo desenvolvemento. Están agrupados segundo a función que desempeñan no noso organismo. Lembrade que cómpre incluír alimentos de todos os grupos ao longo do día e que debemos variar tamén entre os alimentos de cada sector. Os distintos tamaños indican a cantidade proporcional que cada un deles deberá achegar á nosa dieta diaria.

slide1.png

Alimentos dos Grupos I (cereais e derivados, patacas e azucre) e II (graxa)

Son ricos en nutrientes como os carbohidratos e as graxas, que achegan o "combustible" necesario para realizar as actividades do día (xogar, movernos etc.).

Lembrade que os cereais integrais achegan un tipo de fibra dietética importante para o funcionamento do aparello dixestivo. Por iso debémolos incluír na nosa dieta diaria.

Alimentos dos Grupos III (carnes, peixes, ovos, legumes e froitos secos ) e IV (leite e derivados)

Constitúen unha boa fonte de proteínas, necesarias para medrar correctamente e para ter os ósos e músculos fortes. Ademais proporcionan ferro (III) e calcio (IV).

Engadide dúas veces á semana un "prato de culler" con verduras, legumes e cereais!

Lembrade que as nosas "defensas", as que nos poñen fortes fronte ás infeccións, tamén son proteínas!

Alimentos dos Grupos V (verduras e hortalizas) e VI (froitas)

Son ricos en vitaminas, minerais, fibra e noutras substancias moi beneficiosas para a saúde.

Sabiades que regulan moitas funcións do organismo e que poden axudar a previr algunhas enfermidades metabólicas ou cardiovasculares?

Asegurádevos da presenza de verduras e froitas en todas as comidas do día, e procurade que haxa 2 ou 3 cores diferentes polo menos. Sabiades que cada cor garda diferentes beneficios para a saúde?

Lembra que:
  • Hai que limitar os preparados a base de froitas con azucres engadidos!
  • Ollo co exceso de graxa invisible dos alimentos na área sombreada do centro da roda!
  • Movédevos e gozade da actividade física ao longo do día!
  • Para beber: sempre auga!
  • Evitade as salsas e os condimentos salgados. Para reducir a cantidade de sal que inxerimos ao longo do día, podedes potenciar o sabor dos alimentos con herbas aromáticas, especias e moitos vexetais.
Comentarios (1 respostas)
  • Carlos Santiso Picos o 16/02/2020 ás 07:31

    Muy buena información, de sumo interés para estar bien informado en lo que se debe comer y las porciones necesarias. Seguiré las recomendaciones. Gracias

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.