Xente con vida

Aprende a sentirte ben 08/11/2017

Cociñamos!

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
Cociñamos!

Co tratamento térmico dos alimentos favorecemos a súa dixestibilidade e evitamos a contaminación. Pero se non o facemos correctamente, podemos perder nutrientes ou incorporar substancias tóxicas.
ART_81_PORTADA.png

Consellos para cociñar correctamente::

  1. Coa técnica do fervido, procurade minorar as perdas nutricionais:
    • Utilizando pouca cantidade de auga.
    • Engadindo o alimento cando xa ferve o líquido.
    • Cortando os vexetais en anacos grandes, sen pelar.
    • Evitando o remollo.
    • Lembrade que podedes utilizar a auga da cocción para outras preparacións como sopas, caldos e purés, sempre que se utilice antes de 24 horas e sexa conservada mentres tanto nun tarro de cristal.
  2. Coa cocción ao vapor consérvanse mellor algunhas vitaminas que se perden na auga da cocción. Por isto, é unha das máis recomendables para preparar as hortalizas e verduras.
  3. As preparacións ao forno son moi aconsellables dende o punto de vista nutricional, particularmente cando se inclúan na mesma receita o peixe, as patacas e as hortalizas como o tomate ou a cebola. Os sabores e as graxas saudables dos peixes mestúranse e enriquecen o prato e fano moi palatable ao gusto dos nenos e polo xeral adoitan ser menos calóricos que os fritos.
  4. Nos microondas, as perdas de nutrientes son mínimas. Se cociñades carnes ou peixes, procurade que no interior do alimento se acade unha temperatura capaz de eliminar os microorganismos, pero deberedes seguir sempre as indicacións do fabricante. Método apropiado para requentar as verduras.
  5. Os “salteados” e refritos adoitan preservar as calidades nutricionais dos alimentos. Para acompañar alimentos como arroz ou pasta, son moi recomendables os de tomates, pementos, allo e cebola; os de cogomelos con ovo batido etc. particularmente como substitutos das salsas comerciais.
  6. O cociñado “á grella” pode incorporar substancias tóxicas e canceríxenas particularmente polas altas temperaturas ás que sometemos aos alimentos e as graxas engadidas. É mellor non abusar!!

FONTES

  • Equipo de Xente con Vida
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.