Xente con vida

Aprende a sentirte ben 08/11/2017

Vive e afai a vivir aos teus fillos e fillas sen tabaco!

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
Vive e fai vivir aos teus fillos sen tabaco!

O tabaco causa numerosos e graves problemas de saúde, debemos previr o seu consumo. A mocidade comeza a experimentar co tabaco moi axiña, debido á influencia da publicidade e das promocións da industria tabaqueira, á facilidade para conseguir tabaco, ao seu baixo prezo e á aceptación social do seu consumo. A adicción que provoca a nicotina, facilita o paso de experimentador a fumador habitual nun prazo de tempo moi curto (aproximadamente un ano).
ART_82_PORTADA.png

Os pais e nais son un modelo ao que os nenos, nenas e adolescentes adoitan imitar. Os fillos e as fillas de pais e nais fumadores teñen máis probabilidades de fumar que os de pais e nais non fumadores.

  • Se non fumas, parabéns! Estás en mellores condicións de axudar os teus fillos.
  • Se fumas, intenta deixalo. Evita fumar na súa presenza.
  • Se deixaches de fumar, comparte con eles o esforzo que tiveches que realizar.
  • Fálalles do tabaco, dalles unha información clara e veraz, responde as súas preguntas e resolve as súas dúbidas.
  • Dilles que non fumen e que te entristecerán se o fan.
  • Fai que a túa casa e o teu coche sexan espazos libres de tabaco, o ambiente será máis san, e propiciará transmitirlles a idea de que o normal é non fumar, e que o tabaco e o seu fume son prexudiciais para a súa saúde e a de todos.
  • No tempo de lecer, frecuenta lugares públicos libres de fume..

A mocidade debe saber que fumar ten:

  1. Efectos negativos para a saúde
    • Tos.
    • Menor capacidade respiratoria e resistencia física.
    • Maior susceptibilidade ás enfermidades (asma, alerxias...).
    • Cancro e outras enfermidades graves.
  2. Efectos negativos na apariencia física
    • Dentes e dedos amarelos.
    • Mal alento.
    • Mal olor na roupa e pelo.
    • Problemas de pel (acné, enrugas...).
    • Celulite.
    ART_82_IMAGEN_1_GAL.png

E se algún dos teus fillos ou fillas está a experimentar co tabaco,anímao e axúdao para que o deixe xa. Pola súa idade leva pouco tempo fumando, e o máis probable é que a dependencia non estea instaurada e non lle resulte tan difícil deixalo. O máis importante é motivar e reforzar a decisión de deixalo, sen culpabilizalo por ter probado o tabaco.
Se precisas máis axuda, valora contactar cos profesionais do teu centro de saúde, e anímao a que busque un cómplice entre as súas amizades para que o axuden cando non estea na casa.

FONTES

  • Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública.
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.