Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Menos sal, máis saúde

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
Neste artigo explicámosche como reducir o teu consumo de sal (e, polo tanto, de sodio) e os grandes beneficios que achegará esta redución á túa saúde.
Sal
Menos sal, máis saúde
  • Aproximadamente a metade do sal componse de sodio.
  • O consumo excesivo de sodio asóciase a presión arterial elevada.
  • Consulta sempre o contido de sal/sodio na etiqueta nutricional dos alimentos.
  • Os embutidos, encurtidos, e os saborizantes como o caldo en cubiños adoitan ter moito sal.
  • Alimentos doces como bolería e lambetadas tamén poden conter sodio.

Como a sal conten sodio, é importante aprender a descender o sal da dieta. Unha medida eficaz consiste en consultar sempre a etiqueta nutricional dos alimentos e prestar atención ao contido de sal ou de sodio que indica. En liñas xerais considérase que un contido de 0,3g/100 de sal ou menos considérase “baixo”; de 0,3 a 1,5g/100 considérase “medio”; e de máis de 1,5g/100 considérase “alto”.

O consumo de sal causa máis do 30% de todos os casos de hipertensión arterial

A evidencia demostrou que un consumo excesivo de sodio se asocia a presión arterial elevada, principal factor de risco de enfermidades cardiovasculares e cerebrovasculares que á súa vez constitúen a primeira causa de morte en Galicia. O consumo de sal causa máis do 30% de todos os casos de hipertensión.

A arterioesclerose, as embolias ou as hemorraxias cerebrais poden ser causas de ictus. Á súa vez, os factores de risco para padecer estas enfermidades son, na súa maioría, previsibles: O tabaco, o alcohol, a hipertensión arterial, a diabete, o colesterol elevado, as dietas con exceso de sal e outras enfermidades cardíacas ou vasculares.

Grafico Sal_gl.png

En outros alimentos (p. ex os produtos de carnizaría que compramos por gramos) non temos acceso a esta información. En liñas xerais os friames, embutidos, encurtidos, e os saborizantes como o caldo en cubiños soen ter moita sal. Outros alimentos con frecuencia “máis salgados” son os enlatados, procesados e precociñados.

Algúns alimentos, a pesar do sabor “doce” poden conter moito sodio como os cereais de almorzo, o ketchup, a bolería e o pan industrial ou algunhas lambetadas. Por iso é mellor ler a etiqueta e elixir as variedades máis baixas en sal.

salSodio.png
Sabías que?
  1. A OMS e a política impulsada na Unión Europea consideran prioritario descender paulatinamente o consumo de sal na poboación para alcanzar progresivamente as recomendacións de 5g persoa/día. No ano 2004, no marco da estratexia NAOS acordouse, cos representantes do sector descender paulatinamente a sal do pan de 22g a 18 g sal/Kg de fariña en catro anos. Con esta iniciativa conseguiuse unha redución notable da cantidade de sal engadida nos procesos de elaboración do pan.
  2. Preto do 80% da poboación galega maior de 70 anos padece hipertensión. Medidas tan sinxelas como reducir a inxestión de sodio pola poboación en algo máis dun gramo diminuiría nun 50% o número de persoas que necesitan tratamento antihipertensivo, nun 22% as mortes por accidente cerebrovascular e nun 16% o número de mortes por cardiopatía coronaria.
Artigos do blog relacionados que poden interesarte:
Comentarios (2 respostas)
  • Xente con Vida o 26/06/2012 ás 15:32

    Ola, Susana. A parte encarnada do gráfico indica que é unha cantidade elevada de sal, por iso leva o valor máis alto (0,6 gramos de sodio equivale a 1,5 gramos de sal). O gráfico está realizado con gramos de nutriente (sodio) por 100 gramos de alimento, non por porción ou envase. Isto non significa que estes alimentos superen a cantidade recomendable, porque ao longo de todo o día podes tomar un só alimento rico en sodio e en pouca cantidade (por exemplo, 4 aceitunas) e estarías dentro das recomendacións diarias de sal.
     
    Con estes gráficos tentamos darvos unha guía que vos axude a comparar entre alimentos similares e escoller aqueles cun perfil máis saudable. Interpretámolo do seguinte xeito:
     
    - alimentos que conteñen menos de 0,3 gramos de sal/100 g (menos de 0,12 g de sodio) teñen un contido baixo.
    - alimentos que conteñen entre 0,3 e 1,5 gramos de sal/100 g (entre 0,12 e 0,6 gramos de sodio) teñen un contido medio de sal.
    - aqueles que teñen máis de 1,5 gramos de sal por cada 100 gramos de produto son alimentos con alto contido en sal (máis de 0,6 gramos de sodio) e que deben ser de consumo ocasional.
     
    Agardamos ter resolto a túa consulta. Un saúdo.

  • Susana o 21/06/2012 ás 20:03

    Ola, Está correcta a foto do saleiro? Na parte na que indica os g de sodio, non debería figurar na parte vermella 0,12 e na parte verde 0,6? Se non é así, podedes explicarme o gráfico, non acabo de entendelo. Quere dicir que os alimentos que teñen máis de 0,6 g de sodio superan o recomendable? E eses 0,6 g sobre qué se miden? Sobre 100 grs de produto, sobre o produto en sí...? Grazas polas vosas respostas.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.