Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Decálogo da hidratación saudable

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
Presentámosche as 10 normas básicas para manterte hidratado de forma saudable. A maiores mostrámosche graficamente a pirámide da hidratación saudable da SENC.
Sal
Decálogo da hidratación saudable
  • Elixe a auga preferentemente ao resto de bebidas.
  • Aumentar o consumo de froitas, verduras e ensaladas.
  • Non esperes a ter sensación de sede para beber.

A auga é un recurso natural indispensable para a vida e esencial na nosa alimentación cotiá.

A auga non é soamente un elemento hidratante; ten tamén unha dimensión terapéutica, lúdica, estética, cultural e gastronómica. Como consecuencia de todo iso, a Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC) promove a Guía para unha Hidratación Saudable.

Decálogo da hidratación saudable
  1. Inxerir líquidos en cada comida e entre as mesmas. vaso
  2. Elixir a auga preferentemente ao resto de bebidas, e a ser posible auga cun axeitado contido en sales minerais.
  3. Aumentar o consumo de froitas, verduras e ensaladas.
  4. Non esperar a ter sensación de sede para beber. Dispoñer de auga ou outro líquido a man.
  5. Manter as bebidas a temperatura moderada, pois se están moi frías ou moi quentes adóitase beber menos.
  6. Nenos e anciáns son colectivos que presentan maior risco de deshidratación.
  7. Elixir as bebidas de acordo co nivel de actividade física, necesidades de saúde e estilo de vida.
  8. Aumentar a inxestión de líquidos en ambientes calorosos e antes, durante e despois do exercicio.
  9. Se estás a vixiar a inxestión calorífica ou o peso consume sempre auga e bebidas baixas en calorías.
  10. Dez racións de líquidos ao día é unha boa referencia para unha correcta hidratación.
piramide_hidratacion.jpg
Publicacións relacionadas que poden interesarte:
​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.