Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Nutrición

Vota:
Resultado:
(5 votos)
Compartir:
A nutrición engloba unha serie de procesos a través dos cales o organismo, unha vez dixeridos os alimentos, utiliza os nutrientes para realizar as súas funcións vitais. Estes procesos son involuntarios.
Nutrición
Nutrición
  • O home para manter a saúde necesita inxerir enerxía e aproximadamente uns 50 nutrientes.
  • O sistema inmunitario, a saúde dos nosos ósos, o estado dos nosos dentes e a nosa pel ou o rendemento académico están moi relacionados co noso estado nutricional.
  • Mellorando a calidade da nosa dieta (tanto en calidade como en cantidade) e sendo fisicamente activos axudamos a previr moitas enfermidades como as do corazón, a diabete ou a obesidade.
nutricion

Os nutrientes (vitaminas, graxas, proteínas) son sustancias químicas contidas nos alimentos e que ao entrar na circulación sanguínea utilízanse para realizar funcións vitais como aportar a enerxía necesaria, formar e manter as estruturas corporais ou regular os procesos metabólicos. Aínda que cada un deles cumpre moitas funcións, soen estar "especializados". Por exemplo, as proteínas son as encargadas de formar as estruturas corporais (p. o óso) ou as vitaminas son capaces de regular moitas funcións biolóxicas.

O home para manter a saúde necesita inxerir enerxía e aproximadamente uns 50 nutrientes.

Os hidratos de carbono, os lípidos e as proteínas son os nutrientes que se atopan en cantidades maiores nos alimentos

Os hidratos de carbono, os lípidos e as proteínas son os nutrientes que se atopan en cantidades maiores nos alimentos polo que reciben o nome de macronutrientes. Polo contrario, os minerais e as vitaminas, constitúen unha parte moi pequena, incluíndose baixo o nome de micronutrientes. Sen embargo, todos eles son igualmente importantes para o mantemento da saúde.

O organismo obtén a enerxía dos alimentos inxeridos a través da oxidación dos hidratos de carbono, graxas, proteínas e alcohol. O valor enerxético ou calórico dun alimento refírese á cantidade de enerxía que se orixina cando é totalmente metabolizado.
En termos de kilocalorías, a oxidación dos alimentos no organismo, ten como valor medio o seguinte rendemento:
Táboa de rendimento na oxidación de alimentos

Concepto de nutriente "esencial"

O organismo humano non é capaz de sintetizar ("fabricar") todos os compostos que necesita para o seu funcionamento, polo que moitos deles deben ser achegados necesariamente pola dieta. É por isto que reciben o nome de "nutrientes esenciais". Neste grupo inclúense as vitaminas (por iso o seu nome deriva de "aminas necesarias para a vida"), algúns ácidos graxos e algúns aminoácidos.

Repercusións dunha mala nutrición

A nutrición é unha das funcións vitais dun ser vivo. Por iso o mantemento dunha dieta saudable, é o primeiro paso dun óptimo estado nutricional, piar fundamental para un bo estado de saúde. mujer corriendo

  • O sistema inmunitario, a saúde dos nosos ósos, o estado dos nosos dentes e a nosa pel ou o rendemento académico están moi relacionados co noso estado nutricional.
  • Mellorando a calidade da nosa dieta (tanto en calidade como en cantidade) e sendo fisicamente activos axudamos a previr moitas enfermidades como as cardiovasculares ou a obesidade.
  • Os alimentos presentan ademais diversos compoñentes cun efecto engadido por riba do seu valor nutricional e cun efecto selectivo sobre una ou varias funcións do organismo relevante para mellorar a saúde, o benestar ou reducir o risco de enfermar. Os fitoquímicos ou os antioxidantes son exemplos destes compoñentes.

Fontes
Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación (SEDCA)
Fundación Española de la Nutrición (FEN)
Sociedad Española de Nutrición Comunitaria (SENC)

Publicacións relacionadas que poden interesarche
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.