Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Prevención do cancro a través da dieta

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
A dieta, a nutrición e outros factores alimentarios dan conta de cerca de 30% da carga de enfermidade por cancro nos países industrializados o que fai da dieta o segundo factor despois do tabaco como causa teoricamente prevenible desta enfermidade.
Sal
Prevención do cancro a través da dieta
  • Polo xeral, as dietas ricas en vexetais e froitas e baixas en graxas animais, carnes vermellas e/ou calorías presentan menos risco de padecer algúns dos máis frecuentes tipos de cancro.
  • O consumo de alcohol está en relación cun risco máis elevado de padecer algúns tipos de cancro como esófago ou estómago

Non todos os tipos desta patoloxía son susceptibles de prevención a través da dieta e a actividade física xa que cada un deles é unha enfermidade diferente en canto aos factores que o facilitan ou prevén: Algúns teñen moi pouca relación coa nutrición, p.ex o cancro de pulmón, en cambio outros están moi relacionados como o cancro de colon.

cinta

Polo xeral, as dietas ricas en vexetais e froitas e baixas en graxas animais, carnes vermellas e/ou calorías presentan menos risco de padecer algúns dos máis frecuentes tipos de cancro.

Calcúlase que a súa incidencia podería diminuír en torno ao 5-12% se se consigue aumentar o consumo de froitas e verduras na poboación. A maioría das dietas que protexen contra o cancro están compostas por alimentos de orixe vexetal, é dicir aquelas baseadas en alimentos con alto contido en nutrientes, de baixa densidade enerxética e ricos en fibra alimentaria como verduras (vexetais de folla verde) e crucíferas (brócoli, repolo), cereais relativamente non procesados, as leguminosas e as froitas. Polo contrario o consumo en exceso de carnes vermellas ou procesadas, de alimentos salgados e en salazón, de alimentos afumados e asados á grella está relacionado cun risco máis elevado para algúns tipos de cancro, p.ex. o de estómago.

O consumo de alcohol e o cancro: ¿Sabías que o consumo de alcohol está en relación cun risco máis elevado de padecer algúns tipos de cancro como esófago ou estómago?.

Consumo de alimentos vexetais e a súa probable protección fronte a algúns tipos de cancro
Recomendacións para previr o cancro a través da dieta e a actividade física.
  1. Mantente tal delgado como sexa posible, sen chegar a estar baixo de peso
  2. Realiza de 30 a 60 minutos de actividade física moderada como camiñar rápido
  3. Evita as bebidas azucradas. Limita o consumo de alimentos procesados ricos en azucre e graxa e baixos en fibra
  4. Come máis verduras, froitas, cereais integrais e legumes
  5. Limita el consumo de carnes vermellas (cordeiro, vacún e porco) e evita as carnes procesadas como os embutidos
  6. Limita o consumo de bebidas alcohólicas
  7. Limita o consumo de sal
  8. Evita os suplementos alimenticios para previr o cancro
  9. Alimenta aos seus fillos con lactación materna
  10. Se venciches a un cancro debes seguir as indicacións para previlo nas cales son fundamentais a alimentación saudable e a práctica da actividade física.

Fonte: Fondo Mundial para a Investigación do Cancro

10 consellos que che poden axudar a previr o cancro

Ata agora falamos de previr algúns tipos de cancro a través da dieta e a actividade física, pero a continuación tes máis consellos sobre o teu estilo de vida que che axudarán a previlo.

  1. Un estilo de vida saudable pode axudarche a previr certos tipos de cancro e a mellorar a túa saúde en xeral.
  2. Non fumes; se fumas non o fagas nunca en presenza de non-fumadores.
  3. Evita a obesidade.
  4. Realiza algunha actividade física de intensidade moderada todos os días.
  5. Participa nos programas de vacinación indicados dende as institucións sanitarias.
  6. Se bebes alcohol, modera o consumo a un máximo de dúas consumicións diarias se es home, ou a unha, se es muller.
  7. Evita a exposición excesiva ao sol. Protexe especialmente os nenos e adolescentes. Se es propenso a sufrir queimaduras debe protexerte toda a vida.
  8. Aplica as normas de seguridade e consellos de saúde na utilización de substancias canceríxenas.
  9. Realiza todas as probas de detección precoz de cancro que che indique o teu médico.
  10. Aumenta o consumo de froitas, verduras e hortalizas variadas. Come, polo menos, cinco porcións ao día. Limita o consumo de alimentos que conteñen graxas de orixe animal pero aumenta o consumo de peixe.
Outras publicacións relacionadas do teu interese:
Comentarios (2 respostas)
  • Xente con Vida o 12/11/2012 ás 16:05

    Marisa, en el menú de la página web, en el margen superior a la derecha, puedes elegir el idioma de los contenidos: Gallego o Castellano. La imagen con el decálogo de consejos está en gallego, pero a continuación está traducido a castellano en el propio texto del artículo (elige idioma: castellano). Muchas gracias por tu interés.

  • Marisa o 02/11/2012 ás 09:41

    No favor , lo podeis poner tambien en Castellano, no puedo coger todas las palabras, algunas si pero..... muchas gracias porque son cosas muy importantes

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.