Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

Reduce progresivamente o consumo de sal

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
Propoñemos a continuación algúns trucos e consellos para reducir o consumo de sal e axudar así a conseguir unha dieta máis saudable.
Sal
Reduce progresivamente o consumo de sal
  • O sal contén sodio. O consumo deste mineral, en exceso, está relacionado coa hipertensión arterial.
  • O sal non se encontra só nos produtos con sabor "salgado". Algúns con sabor máis doce como os cereais de almorzo e as salsas comerciais (Ketchup, maionesa, salsas preparadas) tamén conteñen sal.

Os nosos consellos:

  1. Limita as conservas, alimentos precociñados, caldos e salsas comerciais que sexan ricos en sodio.
  2. Aumenta o sabor dos seus pratos con herbas aromáticas, limón e outros produtos naturais.
  3. Prefire como método de conservación a conxelación antes que a salgadura e o afumado.
  4. Reduce progresivamente o sal que engades aos teus pratos.
  5. O sal conten sodio. O consumo deste mineral, en exceso, está relacionado coa hipertensión arterial.
  6. comida sal O sal non se atopa só nos produtos con sabor “salgado”. Algúns con sabor máis doce como os cereais de almorzo e as salsas comerciais (Ketchup, maionesa, salsas preparadas) tamén conteñen sal. Le e compara as etiquetas das diferentes marcas e elixa aqueles “baixos en sal”, ou con menos sal, sodio ou cloruro sódico nos seus aditivos que outros produtos similares.
  7. Limita os caldos en cubiños e saborizantes. Usa os vexetais e as carnes para dar sabor ás sopas.
  8. Consume menos alimentos en salgadura, embutidos e/ou derivados cárnicos como os produtos de matanza. Prefire como método de conservación, en vez da salgadura, a conxelación para conservar as carnes.
  9. Se tomas froitos secos, cómpraos sen sal engadida.
  10. Comproba, na etiqueta nutricional, a cantidade de sodio dos produtos que lle ofreces aos teus fillos. Moitos alimentos habituais na dieta do escolar conteñen sal en exceso.
  11. Diminúe progresivamente o sal que engades na cociña. Proporciona máis sabor aos teus pratos con herbas aromáticas, limón e outros produtos naturais.
Recorda que
sal2

A cantidade máxima recomendada de sodio é de 2.500 mg (ou o que é o mesmo 5g de sal ao día). Nesta cantidade está incluída tanto a cantidade de sodio que conteñen os alimentos de forma natural así como a agregada nos produtos procesados e a que engadimos aos alimentos para cociñar.

Artigos do blog relacionados que poden interesarte:
​​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.