Xente con vida

Aprende a sentirte ben 19/03/2012

O ovo e a súa riqueza en nutrientes

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
O ovo, como os alimentos de orixe animal, ten colesterol entre os seus compoñentes, pero tamén achega moitos nutrientes.
Sal
O ovo e a súa riqueza en nutrientes
  • O ovo é moi rico en nutrientes. A clara do ovo achega proteína de alto valor biolóxico.
  • A xema do ovo achega moitas vitaminas como A e D, nutriente este último imprescindible e moi escaso na nosa dieta.
  • En persoas de idade avanzada con problemas para a mastigar a carne, a clara do ovo cocida no puré de verduras achega unha proteína de excelente calidade.

O ovo, como os alimentos de orixe animal, ten colesterol entre os seus compoñentes, pero tamén achega moitos nutrientes.

A clara do ovo achega proteína de alto valor biolóxico.

ovo

A xema do ovo achega moitas vitaminas como A e D, nutriente este último imprescindible e moi escaso na nosa dieta. Tamén proporciona minerais como o selenio, o cinc, o ferro...

Os ovos conteñen tamén outras substancias como colina, luteína ou zeaxantina que parecen xogar un papel na prevención de certas enfermidades.

En persoas de idade avanzada con problemas para mastigar a carne, a clara do ovo cocida no puré de verduras achega unha proteína de excelente calidade.

Ollo coa maionesa "caseira" e o perigo de salmonela. É mellor consumir a comercial.

O colesterol é unha substancia graxa natural presente en todas as células do corpo humano necesaria para o normal funcionamento do organismo. No pasado críase que o colesterol que provén da dieta era o principal responsable do aumento do colesterol plasmático, pero hoxe crese que son as graxas saturadas e trans as principais responsables do dano vascular e que o colesterol dietético ten un papel menor.

106401733.jpg

En resumo, o ovo, como os alimentos de orixe animal, ten colesterol entre os seus compoñentes, pero tamén achega moitos nutrientes. É por isto que o seu consumo non supón ningún risco en persoas sas.

A Asociación Americana do corazón permite aos adultos sans un consumo de ata 7 ovos á semana. Só os restrinxe en casos de colesterol plasmático moi elevado.

Publicacións relacionadas que poden interesarche:
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.