Xente con vida

Aprende a sentirte ben 05/11/2013

Guía alimentaria para mulleres de 50-70 anos

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
Amosámosche como seguir unha dieta saudable e manter un nivel axeitado de actividade física para previr o desenvolvemento de enfermidades moi frecuentes neste período como a obesidade ou a osteoporose.
alimentacion_mujer_5070.jpg  
  • Aumenta o consumo de alimentos vexetais, ricos en calcio, e baixos en graxas animais e sal.
  • Evita as peteiradas entre horas; substitúeas por pezas de froita ou infusións ao longo do día.

A menopausa é unha situación fisiolóxica que atravesa a muller entre os 45 e os 55 anos, aproximadamente. Os cambios físicos derivados da diferente actividade hormonal asócianse cun maior risco de padecer enfermidades como as cardiovasculares ou a obesidade.

Esta etapa é a de maior perda de masa ósea na muller, debido á alteración nos niveis de estróxenos, vitamina D e outras hormonas. Coidar a alimentación e practicar actividade física con regularidade axudan a previr estes trastornos.

6 recomendacións para a muller de 50 a 70 anos
  1. Consume alimentos variados todos os días. É a clave da dieta mediterránea, que máis que un patrón alimentario, constitúe todo un estilo de vida saudable.
  2. Consume abundantes lácteos desnatados: leite, iogur, queixo. Toma diariamente 4 ou 5 vasos pequenos de leite desnatado ou o seu equivalente en iogures e queixo (mellor fresco e de pasta branda). A achega de calcio é importante para previr a osteoporose e outras enfermidades.
  3. Modera o consumo de graxa. Elixe aceite de oliva fronte a graxas de orixe animal, agás do peixe. Como reducir a achega de graxas na nosa dieta?: Toma habitualmente os alimentos á prancha, en lugar de fritos e rebozados. Reduce o consumo de embutidos e preparados cárnicos con graxa. Toma racións pequenas de carna magra. Evita os bolos industriais, a manteiga e a margarina.
  4. Evita o consumo de alimentos salgados. Reducir o sal axuda a previr ou controlar a hipertensión arterial. Evita as conservas, caldos de carne comerciais e os precociñados.
  5. Aumenta o consumo diario de alimentos vexetais. As froitas e verduras achegan antioxidantes naturais e fibra, factores que axudan a previr a enfermidade cardiovascular, a diabete e o cancro.
  6. Controla o teu peso mediante a alimentación e a actividade física. A obesidade é un factor de risco para enfermidades crónicas com a diabete e o cancro. A Organización Mundial da Saúde recomenda acumular 150 minutos semanais de actividade física para os adultos de ata 64 anos. Ten en conta cantas calorías necesitas cada día e leva unha alimentación saudable, de acordo con estes consellos.
Coñeces a diferenza entre menopausa e climaterio?

Menopausa é a desaparición permanente das menstruacións, que pode acontecer entre os 45 e 55 anos.
Climaterio é o período previo, durante e posterior á menopausa.

Comentarios (1 respostas)
  • maria jose o 27/02/2017 ás 14:29

    me parece una idea fantastica este nuevo servicio de la Xunta.. Excelente. Muchas gracias.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.