Xente con vida

Aprende a sentirte ben 15/11/2013

Legumes, unha aposta sa e equilibrada

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
Ricos en proteínas, os legumes tamén presentan un alto contido en fibra, vitaminas do grupo B e ácido fólico. Para mellorar a calidade da nosa dieta, é moi recomendable recuperar o consumo das potaxes que combinan legumes, cereais e verduras. A publicación "Os legumes" propón pratos de legumes equilibrados e axeitados para toda a familia.
legumbres.jpg  
  • Para mellorar a absorción de ferro dos legumes, consúmeas con alimentos ricos en vitamina C, como cítricos e pementos.
  • Descarga a publicación "Os legumes" con varias receitas saudables para toda a familia.

Coa chegada do frío apetecen máis os pratos de culler. Aos legumes, un dos compoñentes principais das potaxes, atribuíronselles moitas connotacións negativas: achegan moitas calorías, é necesario moito tempo para a súa preparación ou habitualmente son rexeitadas polos máis novos. Non obstante, os legumes forman parte da nosa dieta dende a antigüidade, posiblemente debido aos seus sabores e calidades nutricionais.

Cualidades nutricionais dos legumes

Os legumes destacan pola súa riqueza en proteínas que, nalgúns casos, pode ser ata 3 veces superior á de cereais como o arroz. De todos os xeitos, hai que ter en conta que o seu valor nutricional é menor que o das proteínas animais. Para mellorar o seu valor nutritivo, dispoñemos de varios recursos dende o punto de vista culinario, como o tratamento pola calor ou a combinación na mesma comida con cereais, como o arroz ou a pasta.

Estes alimentos son ricos ademais en fibra dietética e en carbohidratos complexos, que deben ser responsables de máis da metade da achega calórica diaria.

Os legumes conteñen vitaminas do grupo B. Aportan unha boa cantidade de ácido fólico, que se perde parcialmente no tratamento térmico, pasando directamente á auga de cocción. As necesidades diarias desta vitamina, relacionada coa prevención de defectos no desenvolvemento fetal do sistema nervioso ou na saúde cardiovascular do adulto, poden cubrirse ben co consumo habitual de legumes e verduras. Conclusión: é moi recomendable aumentar o consumo dos pratos de potaxe, combinando legumes, cereais e verduras.

Os legumes son ricos en minerais como ferro e calcio. Non obstante, e debido a outros compoñentes como o ácido fítico, poden formar complexos que limitan a súa dispoñibilidade. Polo tanto, coidado co mito do alto contido en ferro das lentellas. Para "aproveitalo" mellor, podemos incluír na mesma comida alimentos ricos en vitamina C como as laranxas, os kiwis, as mandarinas ou os pementos. Pola contra, o ferro procedente dos alimentos de orixe animal se "aproveita" moi ben e, ademais, favorece a captación do ferro "vexetal" das lentellas.

Por iso, para mellorar a absorción do ferro procedente dun prato de legumes, podemos engadir ao menú alimentos ricos en vitamina C, como os pementos, ou pequenos anaquiños de carne ou xamón (en moi pouca cantidade para non elevar excesivamente o contido proteico). Tamén podemos completar o menú con laranxas, kiwis ou mandarinas de sobremesa.

Descarga as receitas "Os legumes" en PDF

As receitas que vos propoñemos a continuación son exemplos de platos de legumes, realizados cos criterios anteriores. Fai clic na imaxe a continuación para descargar o libro e segue unha dieta sa e equilibrada para toda a familia.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.