Xente con vida

Aprende a sentirte ben 02/04/2014

Beneficios do leite na dieta

Vota:
Resultado:
(3 votos)
Compartir:
O leite é fonte de calcio, minerais e vitaminas. O leite e os seus derivados son un alimento importante na dieta mediterránea e recoméndase o seu consumo diario polos múltiples beneficios que proporciona ao noso organismo.
leche
  • Consume entre 2 e 4 racións de leite, queixo ou iogur cada día.
  • A poboación española en xeral toma menos racións de lácteos das recomendadas.
  • Os efectos do leite sobre a saúde son o resultado da interacción de todos os seus nutrientes.

O leite e os seus derivados destacan polo seu elevado contido de proteínas de alto valor biolóxico e ser fonte de calcio, minerais e vitaminas. O calcio é imprescindible para o crecemento e desenvolvemento do esqueleto nos primeiros anos, gozar dun esqueleto saudable ao longo da nosa vida e alcanzar unha maior densidade mineral ósea na idade avanzada. Os lácteos son de consumo diario na dieta mediterránea.

Os seus beneficios son resultado da interacción de todos os seus nutrientes, indo máis alá da suma de efectos individuais. Na actualidade estanse a investigar novos beneficios en relación cos péptidos bioactivos do leite, como o seu posible efecto hipotensor e propiedades antimicrobianas.

8 aspectos que deberías saber sobre o leite
  1. A graxa do leite ten un papel protector fronte ao cancro de colon. As últimas investigacións sobre a graxa láctea indican unha baixa tendencia a acumularse no tecido adiposo.
  2. As vitaminas liposolubles do leite encóntranse na graxa. Se tomas leite desnatado, elixe aquelas opcións que incorporan as vitaminas que se perden na eliminación da graxa, especialmente a vitamina D, presente en grandes cantidades en moi poucos alimentos.
  3. Recoméndase o leite enteiro aos nenos e adolescentes para aproveitar todas as vitaminas da graxa do leite.
  4. Pola mesma razón se recomenda o leite enteiro aos adultos, se non hai patoloxías que o contraindiquen e sempre e cando se siga unha dieta saudable.
  5. Con frecuencia recoméndase que os adultos consuman iogur e queixo desnatados polo seu menor contido calorífico, ácidos graxos saturados e colesterol. Os produtos lácteos desnatados están indicados especialmente para persoas con sobrepeso, obesidade e problemas cardiovasculares.
  6. A clasificación de leite enteiro, semidesnatado e desnatado só fai referencia á presenza de graxa. Se es intolerante á lactosa, debes consumir leite sen lactosa. No mercado encóntrase leite sen lactosa enteiro, semidesnatado e desnatado.
  7. O organismo absorbe mellor o calcio do leite, queixo e iogur que o doutros alimentos grazas á caseína e a lactosa.
  8. Tomar un iogur favorece a absorción do ferro presente noutros alimentos. O noso organismo necesita de certos compoñentes para asimilar o ferro que inxerimos nos legumes, por exemplo. Acompañar o menú con pementos, mandarinas ou un iogur axudará á súa absorción.
Consumo axeitado de leite e derivados

A Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética (FESNAD) recomenda para cada grupo de poboación consumir leite, queixo e iogur nas seguintes cantidades:

  • Nenos: 2-3 racións diarias
  • Adolescentes: 3-4 racións diarias
  • Adultos: 2-3 racións diarias
  • Mulleres embarazadas, en lactación ou durante a menopausa: 3-4 racións diarias
  • Anciáns: 2-4 racións diarias

Nos últimos anos reduciuse o consumo de leite e derivados. Isto débese ao incremento do consumo das bebidas azucradas, que substitúen ao vaso de leite, e a que cada vez é máis frecuente saltarse o almorzo.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.