Xente con vida

Aprende a sentirte ben 22/04/2014

A intolerancia á lactosa

Vota:
Resultado:
(5 votos)
Compartir:
A lactasa é un encima presente nas células do intestino que participa na dixestión da lactosa do leite. As persoas que teñen déficit de lactasa son incapaces de dixerir a lactosa. Que facer nese caso?
intolerancia  
  • Se non podes consumir leite ou derivados, é importante seguir unha dieta con alimentos ricos en calcio e vitamina D.
  • Segue as recomendacións do pediatra para a introdución de alimentos na dieta do bebé para identificar e asociar posibles reaccións adversas a determinados alimentos.

A lactosa é o azucre que contén o leite. A lactasa é un encima presente no noso organismo. Algunhas persoas non son capaces de dixerir a lactosa do leite porque as súas células intestinais carecen de lactasa, o encima responsable da hidrólese da lactosa, ou ben diminuíu a súa actividade. A acumulación da lactosa conduce a trastornos dixestivos como diarreas, flatulencia, molestias abdominais, náuseas e mesmo vómitos.

Deficiencia da lactasa primaria e secundaria

A deficiencia de lactasa primaria é a causa máis frecuente de intolerancia á lactosa nos nenos e adolescentes. Na actualidade, estímase que as dúas terceiras partes da poboación mundial presentan intolerancia á lactosa. A deficiencia primaria de lactasa pode ter un inicio relativamente agudo, pero o seu desenvolvemento é lento e progresivo durante anos.

A deficiencia de lactasa secundaria é consecuencia de lesións agudas ou crónicas da mucosa intestinal, como as gastroenterites ou a enfermidade celíaca. Se a causa é unha lesión aguda, unha vez se resolve o problema, a presenza de lactasa adoita recuperar os seus niveis normais.

Que podo facer se son intolerante á lactosa

Unha vez confirmado o diagnóstico polo especialista, o tratamento consiste no consumo de produtos lácteos que conteñen lactasa (leite con lactasa engadida), a limitación de alimentos con lactosa ou a eliminación de produtos lácteos en función do grao de intolerancia. En moitos casos é suficiente con limitar o leite e permitir o consumo de queixo e de iogur, alimentos con menor cantidade de lactosa. Hoxe en día tamén se comercializan leite e derivados sen lactosa.

O tratamento de exclusión de lácteos leva consigo un risco de déficit nutricional xa que hai determinados nutrientes, como a vitamina D e o calcio, que son achegados en máis dun 60 por cento polos produtos lácteos. Nestes casos é importante a supervisión dun especialista.

Malabsorción, intolerancia e alerxia no son o mesmo

Os termos intolerancia, malabsorción e alerxia adoitan empregarse como sinónimos, pero non o son e convén saber as diferenzas entre eles:

Malabsorción da lactosa: Indica unicamente a situación patolóxica cracterizada por unha actividade deficiente do encima lactasa e pode cursar ou non con síntomas (intolerancia).

Intolerancia á lactosa: É un conxunto de síntomas clínicos que se producen tras o consumo dunha cantidade variable de lactosa que, con frecuencia, aínda que non unicamente, consisten en dor abdominal, diarrea e meteorismo. A cantidade de leite e produtos lácteos que pode producir estes síntomas é variable en función do grao de tolerancia de cada un. Algunhas persoas que teñen unha baixa actividade intestinal de lactasa poden tomar un vaso de leite sen experimentar ningunha molestia. Normalmente, os queixos duros, polo seu baixo contido de lactosa, e o iogur e outros produtos de leite fermentado son ben tolerados.

Alerxia ás proteínas do leite de vaca: É un tipo de reacción adversa tras o consumo de leite e débese a unha causa inmunolóxica. A alerxia acontece cando o sistema inmunitario do organismo, ao contacto coas proteínas do leite (alérxeno), provoca unha serie de reaccións en cadea, entre elas a produción de anticorpos. A resposta é a reacción alérxica pola que o organismo libera substancias químicas. Nalgúns casos, esta reacción pode ter complicacións moi graves. O único tratamento eficaz é a completa eliminación do leite e os seus derivados da dieta.

Nos casos de alerxia á proteína do leite é importante garantir o consumo óptimo dos nutrientes que achegan os lácteos, como o calcio, o magnesio e as vitaminas A, B e D. O consumo de sardiñas en conserva e de verduras verdes cocidas axuda a manter os niveis de calcio.

​​​
Comentarios (1 respostas)
  • Antonio millares sevilla o 24/10/2015 ás 19:55

    Teño 60 años e a partir dos 55 entroume unha diarrea a consecuencia de un viros que cando como leite, ou tortilla española ou un guiso de carne as duas ou tres horas empezame uns retorcijons e diarrea asta vaciar o intestino e diseramo medico que era un viros que estaba estendido por Ribeira e estou a dieta blanda sa perdin 8 kilos. un saludo

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.