Xente con vida

Aprende a sentirte ben 27/05/2014

Beneficios da actividade física

Vota:
Resultado:
(4 votos)
Compartir:
A práctica regular de actividade física, combinada cunha alimentación saudable, é clave para previr enfermidades e recuperar e manter un peso saudable. Sabías que tamén reporta beneficios ao teu cerebro e estado de ánimo?
beneficios da actividade física  
Beneficios físicos da actividade física

1. A actividade física é clave para adelgazar e para manter un peso corporal axeitado e saudable.

2. A actividade física protexe das enfermidades que están moi relacionadas co sedentarismo, como a obesidade, hipertensión arterial, enfermidade coronaria, ictus cerebral, diabete tipo 2 e algúns tipos de cancro.

3. Reduce o "colesterol malo" e aumenta o "colesterol bo".

4. Mellora a condición física cardiorrespiratoria, é dicir, teremos menos fatiga e unha rápida recuperación tras o esforzo físico.

5. Mellora e mantén a condición física muscular, mantendo unha boa relación entre masa graxa e masa magra. Isto facilita a execución das tarefas cotiás e favorece unha boa estética: postura ergueita e menor obesidade abdominal.

6. Contribúe ao desenvolvemento, mellora e mantemento duns ósos fortes e saudables.

7. Reduce a perda de flexibilidade nas articulacións.

8. Mellora e mantén as habilidades e destrezas físicas en todas as idades, evitando e reducindo caídas e accidentes en idades avanzadas.

Beneficios psicosociais da actividade física

1. A práctica regular de actividade física mellora o rendemento cognitivo das persoas en todas as idades (concentración, memoria, coordinación neuronal, etc.).

2. Favorece e mellora a calidade do sono.

3. Mellora a autoestima, a sensación de benestar e a satisfacción coa propia imaxe corporal.

4. Favorece a socialización, propiciando coñecer novas persoas, e tamén a autonomía persoal, sobre todo nas idades avanzadas.

5. A actividade física reduce os síntomas da ansiedade e a depresión.

As seguintes táboas mostran os beneficios da actividade física en adultos e nenos e mozos, clasificados por rango de evidencia.

 

Gráfica 1: táboa evidencias adultos

 

tabla evidencias adultos

 

Gráfica 2: táboa evidencias nenos e adolescentes

 

tabla evidencias niños
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.