Xente con vida

Aprende a sentirte ben 02/06/2014

Sabías que...

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
... o noso corpo está deseñado para moverse, pero a vida sedentaria que levamos non é coherente con este propósito? Descubre 18 razóns polas que integrar a actividade física regular na túa vida diaria para vivir máis e mellor.
muller correndo  

1. O corpo humano está deseñado para moverse.

2. O exercicio físico serve para previr, tratar e rehabilitar enfermidades, ademais de aumentar a calidade de vida de todos os que o practicamos con regularidade.

3. O movemento corporal foi durante miles de anos a principal ferramenta que permitiu aos nosos antepasados buscar alimento, defenderse dos depredadores, desprazarse a novos territorios... Na actualidade, a nosa confortable forma de vida é tan sedentaria que xa non é coherente co deseño corporal.

4. O noso corpo necesita practicar actividade física de forma regular para alcanzar un axeitado crecemento e desenvolvemento e para envellecer con saúde.

5. A falta de actividade física é a causa principal de preto do 25% dos casos de cancro de mama e de colon, do 27% dos casos de diabete e de arredor do 30% das cardiopatías isquémicas, segundo a Organización Mundial da Saúde.

6. A actividade física é a única actividade voluntaria que nos permite reducir a graxa corporal, tanto a total coma a localizada. Pode reducir o exceso de graxa abdominal, o que está directamente relacionado coas enfermidades cardiovasculares.

7. En certas situacións, o exercicio físico pode ter mellores resultados que algúns medicamentos e evítanos outros efectos secundarios.

8. Cando unha persoa sedentaria pasa a ser minimamente activa, obtén a maior parte dos beneficios da actividade física.

9. A actividade física contribúe á prevención e o control da presión arterial, importante factor de risco para enfermidades cerebro e cardiovasculares.

10. As persoas fisicamente activas melloran a súa autoestima e preveñen e melloran os trastornos depresivos e de ansiedade.

11. Podemos mellorar a calidade do sono ao realizar actividade física.

12. A actividade física contribúe a previr a obesidade, tanto en nenos coma en adultos, ao reducir o peso corporal graxo e mantelo en niveis saudables.

13. Na poboación infantil, a actividade física favorece un mellor rendemento cognitivo.

14. Un estilo de vida activo favorece a socialización dos nenos e nenas e, na idade adulta, propicia e mantén as relacións sociais.

15. Un neno activo ten maior probabilidade de ser un adulto activo.

16. As contraccións musculares e as vibracións articulares que se producen ao realizar diferentes actividades físicas favorecen que os ósos se manteñan fortes e sans.

17. Un estilo de vida fisicamente activo mellora a función cognitiva e asóciase cun menor risco de deterioración cognitiva e de demencia.

18. As persoas de maior idade que participan nalgunha modalidade de actividade física reducen substancialmente o risco de caídas con importantes lesións e graves consecuencias.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.