Xente con vida

Aprende a sentirte ben 20/10/2014

Tipos de actividade física

Vota:
Resultado:
(1 votos)
Compartir:
Descobre cales son os principais tipos de actividade física e que capacidade física corporal estás desenvolvendo cando realizas as túas actividades físicas e deportivas.
cardio  

As actividades físicas poden clasificarse en función de diferentes criterios. Agora ben, dende unha perspectiva de saúde, antepoñendo a simplicidade a outros criterios e sobre a base das capacidades físicas relacionadas coa saúde, podemos falar de 4 tipos de actividade física: de resistencia cardiorrespiratoria (tamén coñecida como capacidade aeróbica), de forza e resistencia muscular, de flexibilidade e de aptitude neuromuscular (coordinación e equilibrio).

Actividade física de resistencia cardiorrespiratoria

Pode que a coñezas como capacidade aeróbica, adestramento cardiovascular, adestramento de resistencia, etc. Son sinónimos.

A actividade física de resistencia cardiorrespiratoria defínese como a capacidade de realizar tarefas físicas que impliquen grandes grupos musculares, de forma dinámica, rítmica, xeralmente continua, durante un período de tempo e cunha intensidade entre moderada (preferible) e vigorosa.

A enerxía necesaria para a realización de actividades que desenvolve e mellora a resistencia cardiorrespiratoria xérase, fundamentalmente, polo metabolismo aeróbico (en presenza de osíxeno). Para iso deben involucrarse un gran número de grupos musculares, realizarse de forma continua e rítmica, pero a intensidades preferentemente moderadas. Desta forma, os nutrientes máis utilizados para producir a enerxía necesaria serán as graxas, tanto as almacenadas no noso corpo en forma de triglicéridos, coma os ácidos graxos procedentes da dieta, xunto cos hidratos de carbono por vía aeróbica.

De esta forma, os nutrientes máis utilizados para producir a enerxía necesaria serán as graxas, tanto as almacenadas no noso corpo en forma de triglicéridos, coma os ácidos graxos procedentes da dieta, xunto cos hidratos de carbono por vía aeróbica.

Entre os mellores exemplos de actividades físicas de resistencia cardiorrespiratoria encóntranse: camiñar a diferentes intensidades, bailar, trotar, andar en bicicleta, elíptica, aeróbic, natación, remo, etc.

Actividade física de fortalecemento muscular: forza e resistencia muscular
resistencia 

A forza muscular é a capacidade do músculo para producir tensión e superar unha forza contraria ou opoñerse a ela. A resistencia muscular é unha dimensión da forza muscular que fai referencia á capacidade propia do músculo para manter a tensión ou as contraccións necesarias durante un período relativamente prolongado de tempo.

Exercicios con pesos, con bandas elásticas, rutinas con máquinas, natación e outros deportes, subir e baixar escaleiras, traballos de horta e xardín, traballos domésticos e cotiáns, cargar as bolsas da compra, pilates, etc., son algúns exemplos de actividade ou exercicio físico que favorecen a forza e a resistencia muscular

Actividade física de flexibilidade
flexibilidade 

A flexibilidade é a capacidade para desprazar unha articulación ou unha serie de articulacións a través dunha amplitude de movemento completo, sen restricións nin dor. Está influenciada por músculos, tendóns, ligamentos, estruturas óseas, tecido graxo, pel e tecido conectivo asociado a cada articulación.

Os exercicios de flexibilidade poden axudarnos a mellorar a estabilidade postural e o equilibrio, especialmente cando se combinan con exercicios de fortalecemento muscular. Ademais, poden previr moitas alteracións e problemas articulares, sobre todo da columna vertebral.

Ioga, exercicios de mobilidade articular e elongación muscular, pilates, etc., favorecen o desenvolvemento e mantemento desta capacidade física.

Actividade física de aptitude neuromuscular

A pesar da complexidade do termo, podemos definir a actividade física de aptitude neuromuscular como a capacidade do corpo e, en concreto do noso sistema nervioso, para xuntar ou integrar o traballo de diversos músculos e outros elementos que participan no movemento corporal, coa intención de realizar unhas determinadas accións con criterios de precisión, eficacia, economía e harmonía.

Actividades como taichí, ioga, xogos de equilibrio, exercicios de propiocepción, etc., axudan a mellorar e manter as habilidades de equilibrio e coordinación, que son fundamentais para todas as tarefas cotiás de axilidade e marcha e, nas persoas de idade avanzada, preveñen as caídas e favorece a súa funcionalidade.

Practicar actividade física é beneficioso para ti

Todas as capacidades corporais que vimos no artigo contribúen a manter e desenvolver a nosa condición física. Dende unha perspectiva de saúde, a condición física é un estado dinámico de enerxía e vitalidade que nos permite levar a cabo as tarefas diarias habituais, gozar do tempo de ocio activo e afrontar as emerxencias imprevistas sen unha fatiga excesiva, á vez que nos axuda a evitar as enfermidades relacionados cos baixos niveis de actividade física, a desenvolver o máximo da capacidade intelectual, experimentando plenamente a alegría de vivir.

Oito ideas clave

1.Hai catro tipos de actividade física: de resistencia cardiorespiratoria, de forza e resistencia muscular, de flexibilidade e de aptitude neuromuscular.

2. As capacidades físicas son atributos do noso corpo en xeral, e de órganos e sistemas corporais, en particular.

3. Os baixos niveis de desenvolvemento nunha das capacidades pode provocar alteracións, e mesmo enfermidades, nos órganos e sistemas corporais cos que están relacionados.

4. Debemos coñecer en que capacidade ou capacidades inciden as actividades físicas e deportivas que realizamos habitualmente e en cales non.

5. A condición física é un termo que integra a todas as capacidades físicas. Cando realizamos unha tarefa cotiá ou actividade física necesitamos da posta en marcha de todas as capacidades físicas, con maior ou menor grao de implicación.

6. Existen exercicios específicos para desenvolver cada unha das capacidades, pero moitas actividades físicas poden incidir en varias capacidades físicas simultáneamente.

7. Todas as capacidades físicas poden avaliarse con probas específicas para cada unha delas.

8. A actividade física cotiá (camiñar, subir/baixar escaleiras, traballos domésticos, etc) contribúe ao mantemento de niveis normais e saudables nalgunhas das capacidades físicas. Por outra parte, as actividades sedentarias favorecen a perda de condición física ademais de problemas metabólicos, cardiovasculares, estruturais (columna vertebral, etc.)…

​​​​​
Comentarios (1 respostas)
  • Rosa o 12/07/2015 ás 11:28

    Gracias por el contenido y decirles que hago ejercicio y el cuerpo lo nota un monton

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.