Xente con vida

Aprende a sentirte ben 12/08/2015

O consumo de sal e a prevención da hipertensión e de enfermidades cardiovasculares.

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
O consumo de sal e a prevención da hipertensión e de enfermidades cardiovasculares.
O consumo de sal causa máis do 30% de todos os casos de hipertensión arterial, sendo o principal factor de risco das enfermidades vasculares.
XCV-  

O consumo de sal causa máis do 30% de todos os casos de hipertensión arterial, sendo o principal factor de risco das enfermidades vasculares.

É por iso polo que se considera prioritario descender paulatinamente o consumo de sal na poboación para alcanzar a recomendación dunha inxestión máxima de 5 gr. de sal ao día.

No ano 2004 acordouse cos representantes do sector panadeiro descender paulatinamente o contido de sal no pan. Con esta iniciativa conseguiuse unha redución notable da cantidade de sal sumado nos procesos de elaboración do pan.

XCV-Obxectivo sal

É importante aprender a diminuír o contido de sal na dieta. Unha medida eficaz consiste en consultar sempre a etiqueta nutricional dos alimentos e prestar especial atención ao contido de sal, ou ben de sodio, que se indica nesta.

Hai que ter presente que, en liñas xerais, os friames e embutidos, as conservas e certos alimentos procesados ou precociñados, ou os saborizantes, como o caldo en cubos, adoitan ter un contido elevado de sal.

O sal non só se encontra nos alimentos con sabor "salgado". Algúns alimentos con sabor doce, poden conter bastante sodio; é o caso de certos cereais de almorzo, a bolería e o pan industrial, algunhas lambetadas ou certas salsas tipo kétchup.

Aprende a ler as etiquetas nutricionais e busca nelas o contido de sodio ou de sal dos alimentos e recorda que aproximadamente a metade do sal é sodio. Ás veces a etiqueta mostra o contido de sal e non de sodio, podendo expresar a cantidade en miligramos ou gramos, polo que non esquezas comparar os contidos nas mesmas unidades de medida.

Dispós de moitas opcións para conseguir que as túas comidas non perdan sabor sen a necesidade de usar sal ou usando moi pouca. Poderás utilizar certas especias tales como o curri, a pementa, a noz moscada, a canela, o azafrán, os cravos de olor ou o pemento vermello moído, entre outras.

Ten presente que as herbas aromáticas son outras grandes aliadas na tarefa de substituír o sal ao cociñar. O perexil, o tomiño, a alfábega, o ourego, o loureiro, o romeiro, o coandro, darán aos teus pratos un sabor único e especial sen a necesidade de usar demasiado sal.

Na medida do posible evita os saborizantes e os caldos comerciais, e se utilizas algún, asegúrate de que sexa baixo en sal.

​​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.