Xente con vida

Aprende a sentirte ben 13/08/2015

Riscos da práctica inadecuada da actividade física

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
A práctica regular de exercicio físico demostrou ter numerosos beneficios tanto a nivel físico, psíquico como social, e os estudos seguen avalando a relación inversa entre a práctica regular de actividade física, a prevención de enfermidades- incluídas algúns tipos de cancro-, a mellor calidade devida e o benestar xeral.
XCV-Práctica inadecuada actividad física

A práctica regular de exercicio físico demostrou ter numerosos beneficios tanto a nivel físico, psíquico como social, e os estudos seguen avalando a relación inversa entre a práctica regular de actividade física, a prevención de enfermidades- incluídas algúns tipos de cancro-, a mellor calidade devida e o benestar xeral.

Pero, a práctica de actividade física e deportiva tamén pode estar asociada, nun número moi reducido de casos, a certos riscos.

As lesións músculo-esqueléticas son os riscos máis comúns da actividade física e deportiva; os riscos máis graves, pero moito menos comúns, inclúen arritmias, o infarto agudo de miocardio e a morte súbita.

Os obxectivos deste artigo son:

  • Fomentar a práctica segura de exercicio físico entre os practicantes ou os que queiran comezar a practicar actividade física.
  • Dar a coñecer os posibles riscos da actividade física, cando non se realizan nas condicións axeitadas para a persoa, para poder minimizar os riscos e acadar os máximos beneficios.

Antes de afondar nos posibles riscos da práctica inadecuada da actividade física, debemos destacar e recordar que:

  • Non debemos sobreestimar os riscos, porque os beneficios da práctica regular de actividade física superan substancialmente estes riscos.
  • A práctica regular de actividade física é, ademais dunha necesidade, unha obriga fisiolóxica, dende o primeiro ata o último dos nosos días.
  • O sedentarismo é na actualidade un factor de risco independente de morbimortalidade e un dos grandes problemas de saúde pública.
  • A práctica regular de actividade física é o único medio para conseguir e manter unha boa condición física saudable, entendida esta como un "estado dinámico de enerxía e vitalidade que permite as persoas levar a cabo as tarefas diarias habituais, gozar do tempo de ocio activo e afrontar as emerxencias imprevistas sen unha fatiga excesiva, á vez que axuda a evitar as enfermidades provocadas polo sedentarismo e a desenvolver o máximo da capacidade intelectual e a experimentar plenamente a alegría de vivir (Colexio Americano de Medicina Deportiva (ACSM).

A continuación, expóñense, os aspectos máis relevantes relacionados cos riscos da actividade física e deportiva.

1. LESIONES MÚSCULO-ESQUELÉTICAS
XCV-Pie

 

Son lesións pouco habituais pero probables. Poden acontecer durante a práctica ou como resultado da práctica continuada da actividade física e deportiva. Destacamos as roturas e distensións agudas dos tecidos, inflamacións de varios tipos, fracturas por estrés, fracturas traumáticas, parálise dos nervios, tendinite, bursite, etc.

As lesións músculo esqueléticas varían en función de diversos factores, incluíndo a idade (infancia, adolescencia, idade adulta ou terceira idade), o tipo de actividade (por exemplo, os deportes de contacto, exercicios de alto impacto, camiñar) e a intensidade.

Aínda que os estudos indican que, os que realizan actividades deportivas corren un maior risco de sufrir lesións menores, as persoas que non practican deporte ou outra actividade física de forma regular, son máis propensas a incorrer en lesións máis graves ao participar nas devanditas actividades.

Moitas das lesións músculo esqueléticas son secundarias ao uso excesivo. Dous dos factores de risco máis comúns das lesións entre os corredores, por exemplo, son as grandes distancias e a historia de lesións anteriores.

2. RABDOMIÓLISIS

A rabdomiólose é unha patoloxía producida pola descomposición do tecido muscular que provoca a liberación á circulación sanguínea de diversas substancias que compoñen o tecido muscular e que, en condicións normais, se encontran no interior das células (entre elas a creatina fosfoquinasa e a mioglobina).

Entre as causas que poder causar a rabdomiólose encóntranse as lesións ou calquera outra afección que ocasione dano ao músculo esquelético, como os traumatismos múltiples, os esforzos intensos como correr un maratón, facer exercicios intensos de calistenia, as temperaturas corporais extremas e a deshidratación grave.

Ademais, a rabdomiólose pode ser masiva cando están presentes os seguintes factores de risco:

  1. O individuo ten baixa condición física ou non está fisicamente adestrado.
  2. O esforzo prodúcese en condicións extremas de humidade e calor.
  3. ando a perda de calor pola sudación está alterada, como pode acontecer co uso de medicamentos, equipos deportivos con mala transpiración, etc.
  4. Individuo cunha síndrome de células falciformes que se exercita a grande altura.
  5. Presenza de anomalías electrolíticas, en especial hipopotasemia (niveis baixos de potasio).
  6. Presenza de miopatías metabólicas e inflamatorias.

A rabdomiólose tamén pode acontecer en individuos adestrados despois dun esforzo físico, en ausencia destes factores de risco.

As complicacións graves de rabdiomólose inclúen insuficiencia renal, alteracións electrolíticas, por exemplo, hiperpotasemia (niveis altos de potasio), acidose metabólica, e síndrome compartimental.

3. ASMA INDUCIDA POLA ACTIVIDAD FÍSICA

A asma inducida pola actividade física prodúcese na maioría dos pacientes que xa presentan asma sintomática actual.

A magnitude da asma inducida pola actividade física correlaciónase co grao de hiperactividad bronquial.

Debemos saber que a mellora da capacidade cardiovascular provocada pola práctica regular e adecuada de exercicio físico, reduce a ventilación por minuto requirida para un determinado nivel de exercicio, o que diminúe o estímulo para a broncoconstricción. Polo tanto, o exercicio regular, a longo prazo pode ser útil na prevención da aparición da asma inducida polo exercicio.

4. EPISODIOS CARDIOVASCULARES ADVERSOS

A práctica de exercicio físico de forma continua e moderada é un dos hábitos saudables claves para previr as enfermidades cardiovasculares. Non obstante, cando a devandita actividade física é intensa, pode converterse nun problema para o correcto funcionamento do corazón.

Os expertos coinciden en que todas aquelas persoas que realizan ou vaian iniciarse nun deporte de competición, que implique esforzo físico moi intenso, deben ser controlados por especialistas. Todo iso co obxectivo de descartar calquera problema a nivel cardiovascular que poida ser mortal.

Por outra parte, as persoas sedentarias que queiran comezar a realizar exercicio deben consultar antes o seu médico sobre a actividade idónea de acordo ao seu estado físico. Así mesmo, aquelas persoas maiores con algunha enfermidade cardiovascular ou con algún factor de risco (diabete, hipertensión, obesidade) deben ser coidadosas neste aspecto e non realizar ningún exercicio sen a supervisión previa do seu especialista e despois de consultar o seu médico.

Os riscos máis graves pero menos comúns da actividade física son os episodios cardiovasculares adversos como as arritmias, o infarto agudo de miocardio (IAM) e a morte súbita cardíaca (MSC).

Como idea xeral debemos saber que, segundo o Colexio Americano de Medicina Deportiva (ACSM), en xeral, a actividade física:

  • Non causa episodios cardiovasculares en persoas cun sistema cardiovascular normal.
  • O risco de paro cardíaco ou infarto agudo de miocardio é moi baixo en persoas sans que practican actividades de intensidade moderada en contra da intensidade vigorosa (máxima e próxima á máxima).
  • Hai un aumento agudo e transitorio de IAM e MCS en persoas que practican exercicio físico vigoroso cunha enfermidade cardiovascular diagnosticada ou oculta.
  • O risco de episodios cardiovasculares durante a práctica de exercicio físico aumenta coa prevalencia de casos de enfermidade cardíaca.

4.1. Arritmias

Unha arritmia é unha alteración do ritmo cardíaco.

Durante a práctica de actividade física existe un maior risco de arritmias en suxeitos con enfermidade cardíaca subxacente ou antecedentes de arritmia.

Debemos recordar, que o exercicio físico planificado e adaptado ás condicións do suxeito pode reducir o risco de fibrilación e arritmia ventricular, ao aumentar a subministración de osíxeno do miocardio e a redución da actividade do sistema nervioso simpático.

4.2. Infarto agudo de miocardio

O infarto agudo de miocardio aparece por un rego sanguíneo insuficiente debido á obstrución dunha arteria.

Aínda que os pacientes con enfermidade coronaria teñen máis probabilidades de ter un infarto de miocardio no momento en que están a participar no exercicio vigoroso que cando non o están, os pacientes con enfermidade coronaria que fan exercicio físico axeitado (de intensidade moderada e adaptado ás condicións e características de cada persoa) teñen, en xeral, menos probabilidades de sufrir un infarto que aqueles con enfermidade coronaria que non fan exercicio físico.

O risco de infarto agudo de miocardio:

  • É maior nos adultos que nos mozos debido a unha maior prevalencia da enfermidade cardiovascular na poboación maior.
  • Aumenta nos adultos que practican exercicio físico vigoroso.
  • As taxas de infarto agudo de miocardio son desproporcionadamente maiores na maioría das persoas sedentarias cando practican exercicio con pouca frecuencia ou exercicio ao que non están afeitos.

4.3. A morte súbita cardíaca

A morte súbita cardíaca (MCS) é a aparición repentina e inesperada dunha parada cardíaca nunha persoa que aparentemente atópase san e en bo estado.

A MCS é un evento raro pero pode acontecer tanto durante a práctica de actividade física coma durante a actividade sexual, como en actitudes de repouso.

Con respecto á MCS debemos saber que:

  • O risco de MCS en persoas menores de 30-40 anos de idade é moi baixo, debido á baixa prevalencia da enfermidade cardiovascular nesta poboación.
  • As causas máis habituais de MCS nos mozos son as anomalías conxénitas e hereditarias.
  • O risco de MCS é maior nos adultos que nos mozos debido a unha maior prevalencia da enfermidade cardiovascular na poboación de maior idade.
  • A taxa de casos de MCS aumenta nos adultos que practican exercicio físico vigoroso.
  • As taxas de morte cardíaca súbita son desproporcionadamente maiores na maioría das persoas sedentarias cando practican exercicio con pouca frecuencia ou exercicio ao que non están afeitas.
XCV-Minimizar os riscos

Tamén debemos saber que todos estes riscos poden minimizarse:

  • Mediante medidas de detección precoz sinxelas nos individuos de risco.
  • Progresión correcta dos programas de exercicio físico.
  • Atención aos sinais de alarma e aos principios de prevención específicos.

5. OUTROS RISCOS DA ACTIVIDADE FÍSICA INADECUADA.

A continuación expóñense outros riscos que poden estar asociados á práctica inadecuada de actividade física:

  • A hipertermia, hipotermia e deshidratación son potenciais riscos evitables.
  • Os riscos relacionados coa calor van dende a fatiga leve á morte.
  • A deshidratación pode ser un problema en si mesmo ou pode estar relacionada coa hipertermia.
  • O exercicio intenso pode provocar amenorrea e infertilidade, particularmente en mulleres con baixo peso corporal.
  • A "tríade da muller atleta" que se compón dunha alimentación desordenada, amenorrea e osteoporose. Isto vese comunmente en individuos máis novos, especialmente naqueles que fan exercicio con moita frecuencia e intensidade.
  • A urticaria e anafilaxe rara vez poden acontecer co exercicio.
  • Hiponatremia (unha afección na cal a cantidade de sodio no sangue é máis baixa do normal), asociada co exercicio preséntase principalmente nos atletas que participan en eventos de resistencia aeróbica tales como maratóns, triatlóns e carreiras de ultrafondo.

En calquera caso, os riscos deben valorarse en relación aos beneficios comprobados. O equilibrio máis favorable entre risco e beneficio atópanse nos niveis de intensidade moderada e cunha práctica continuada das actividades físicas.

 

FONTES EXTERNAS CONSULTADAS

  • UPTODATE
  • Colexio Americano de Medicina Deportiva (ACSM)
  • Asociación Americana do Corazón (AHA)
  • Fundación Española do Corazón
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.