Xente con vida

Aprende a sentirte ben 14/08/2015

Proposta dun menú para o verán

Vota:
Resultado:
(0 votos)
Compartir:
En Xente con Vida queremos que gocedes dunha alimentación saudable durante todo o ano. No verán, é particularmente importante seguir unha serie de consellos para manter unha axeitada hidratación, adaptar a inxestión ás necesidades caloríficas e coidar a forma de conservación e preparación de alimentos para previr certas intoxicacións alimentarias máis frecuentes nesta época do ano.
XCV-Menu verano

En Xente con Vida queremos que gocedes dunha alimentación saudable durante todo o ano. É importante coidar a dieta en todas as estacións do ano pero no verán as altas temperaturas, o cambio de hábitos e as vacacións poden influír negativamente na calidade da nosa dieta.

O verán é tempo de froitas, de hortalizas, de ensaladas, de sobremesas frescas e de batidos. Os produtos de tempada poden ser uns grandes aliados á hora de preparar os nosos menús estivais. Cociñar cos ingredientes que nos ofrecen a horta e o mar en cada estación do ano non é só máis san, senón tamén o máis rico, barato e sostible.

Con respecto ás froitas, ademais da riqueza en nutrientes como vitaminas (como o folato, vitamina C ou vitamina A) e compostos "bioactivos" (fitoquímicos, substancias presentes nos vexetais que nos achegan moitos efectos beneficiosos) destacan pola súa capacidade para axudarnos a manter unha axeitada hidratación.

XCV-Sandia.jpg

 

A sandía ou o melón (arredor do 90% é auga) son bos exemplos e deben estar habitualmente presentes en sobremesas, macedonias e batidos de froita natural particularmente nas persoas de idade avanzada ás que lles "custa" traballo manter unha inxestión de auga axeitada. Ademais, a súa baixa densidade calorífica fainas moi axeitadas para esta época do ano. As froitas conteñen poucos minerais, salvo o potasio que aparece en cantidades moderadas e que xunto co seu baixo contido en sodio, as converte en alimentos indicados especialmente para persoas con hipertensión ou que sigan un tratamento con laxantes e diuréticos.

Por outra parte, a fibra que conteñen de forma natural os cereais, os legumes, as froitas e as hortalizas proporciona moitos efectos beneficiosos no organismo. As pectinas das froitas están incluídas dentro da denominada fibra soluble, polo que ademais dos seus efectos locais no colon, se describiron outros como a capacidade para previr a aparición de distintas enfermidades como a diabete, a obesidade ou as enfermidades cardiovasculares.

Con respecto ás froitas de verán, sabías que...

  • A ameixa é unha das froitas con máis capacidade antioxidante (xunto coas cereixas, a mazá, os amorodos ou as peras, entre outras)?
  • O melocotón, que achega un contido moderado de vitamina C, provitamina A e fibra soluble e insoluble, contén ademais cantidades elevadas de luteína e zeaxantina, pigmentos relacionados coa saúde ocular?
  • A pera ten acción astrinxente e anitinflamatoria e polo tanto está indicada nalgúns trastornos dixestivos como diarreas?

Dentro da hortalizas e legumes, algunhas son moi axeitadas para preparar na época estival, e en particular todas as que podemos preparar en cru, polo que se preservan mellor os seus nutrientes. Neste caso, é necesario adquirilas moi frescas (xa que a medida que pasan os días se perden nutrientes), lavalas ben, aínda se se van pelar xa que poden aloxar na súa pel certos contaminantes ou produtos nocivos de uso fitosanitario e toralas xusto antes de consumir para preservar todas as súas calidades nutritivas.

XCV-O tomate.jpg

 

Con respecto ás hortalizas do verán, sabías que...

  • O tomate é un alimento moi habitual na nosa dieta, ao que se lle atribúen calidades diuréticas e laxantes. De baixa achega calorífica, é rico en carotenoides como o licopeno, ao que se lle relacionou como un factor protector fronte ao cancro de próstata.
  • 100 gr de feixóns ao día poden cubrir as necesidades de ácido fólico, vitamina do grupo B implicada na saúde vascular e na prevención de certas anomalías conxénitas como os defectos no tubo neural. Na última enquisa sobre a dieta que seguían os galegos, a inxestión desta vitamina estaba por debaixo dos valores recomendados. Ademais, nestes vexetais destaca a súa baixa achega calorífica, o seu contido en auga e en fibra dietética.
A nosa proposta

Agora tócavos usar a imaxinación para combinar estes alimentos de tempada e configurar os vosos menús. Para axudarvos imos propoñer un menú sinxelo e saudable, para todos os membros da familia!

Aproveita o verán e as vacacións para comer cos teus e sen présas. Bo proveito!

Menú estival

XCV-Menu Estival

¿Cómo elaborar estes pratos?

Feixóns verdes con tomate:

  • Cocede ao vapor ou en poquita auga os feixóns verdes, cortadas o menos posible, para preservar todos os nutrientes.
  • Mentres tanto, facede un rustrido con allos tenros e tomate natural e incorporádeo a feixóns unha vez feitos.

Xoubiñas fritas:

  • Limpade as xoubas e sacádelles a cabeza.
  • De xeito opcional, podédelas aliñar con ourego e perexil.
  • Enfariñade e fritide en abundante aceite. Poñédeas en papel absorbente para retirar o máximo aceite posible.

Flan de arroz:

  • Cocede o arroz, deixádeo arrefriar e formade pequenos flans.
  • De xeito opcional, podedes aromatizalo con herbas aromáticas.
  • Servide as parrochas acompañadas do flan de arroz.

Sorbete de sandía con limón e menta:

  • Coa sandía moi fría e un pouquiño de zume de limón facede un batido, aliñádeo con menta e servídeo.

Recomendación de Xente con Vida

Aínda que as espiñas das sardiñas poden inxerirse sen problemas, non as recomendamos para os máis pequenos da casa. Podedes sacarlles a espiña, rebozalas en fariña e ovo, e fritilas, unidas pola cola, formando un abano.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.