Xente con vida

Aprende a sentirte ben 14/08/2015

Como podemos previr a hipertensión arterial?

Vota:
Resultado:
(3 votos)
Compartir:
Un dos obxectivos da promoción de hábitos de vida saúdables é a prevención de enfermidades cardiovasculares como a hipertensión arterial.
XCV - Prevenir hipertensión
1. Que son as enfermidades cardiovasculares?

Son aquelas que se producen por unha deterioración das arterias afectando, ben ás arterias do corazón (enfermidade coronaria) ou ben ás arterias do cerebro (enfermidade cerebrovascular) podendo provocar arteriosclerose, embolias ou hemorraxias cerebrais.

 

2. Que é a hipertensión arterial?

A hipertensión arterial, tamén coñecida como tensión arterial alta, é unha elevación dos niveis de presión arterial de forma continua ou sostida. Con cada latexo do corazón exércese unha presión sobre as arterias para que estas conduzan o sangue cara aos diferentes órganos do corpo. Esta acción é o que se coñece como presión arterial. A presión máxima (ou sistólica) obtense en cada contracción do corazón e a mínima (ou diastólica), con cada relaxación. A hipertensión arterial supón un sobreesforzo para o corazón, ao que este responde aumentando a súa masa muscular. Este incremento da masa muscular acaba sendo prexudicial porque non vén acompañado dun aumento equivalente do rego sanguíneo. A hipertensión arterial é un dos principais factores de risco cardiovascular e predispón á arteriosclerose (cúmulos de colesterol nas arterias) e ás tromboses e embolias, tanto a nivel cardíaco (anxina de peito ou infarto), como a nivel cerebral (ictus).

 

3. Por que aparece?

A hipertensión arterial está favorecida polo sobrepeso e a obesidade, a inactividade física, o consumo elevado de sal, o tabaco ou as dietas pobres en froitas e vexetais. Estes factores aumentaron debido aos cambios nos hábitos de vida: aumento da vida sedentaria, diminución da actividade física e cambios nos patróns alimentarios.

Hipertensión ideal

 

4. Que podemos facer para previr a hipertensión?

O mellor tratamento da hipertensión é unha boa prevención que evite a súa aparición. É fundamental seguir un estilo de vida cardiosaludable polo que debes:

  • Evitar o sobrepeso e a obesidade.
  • Realizar exercicio físico de forma regular.
  • Consumir alcol de forma moderada.
  • Non fumar.
  • Practicar unha dieta cardiosaludable, diminuíndo o consumo de sal e de alimentos que a conteñan. Para conseguilo deberás consultar sempre a etiqueta nutricional dos alimentos e poñer atención ao contido de sal ou de sodio que indica. As dietas cardiosaludables caracterízanse polo consumo de froitas, verduras, legumes, froitos secos, pan e outros cereais, por usar aceite de oliva como graxa principal e por unha maior inxestión de aves e peixes en detrimento das carnes vermellas.

 

5. Como diferencio os alimentos con baixo, medio ou alto contido en sal?

En liñas xerais considérase que un contido de sal de 0,3g/100 de sal ou menos considérase “baixo”; de 0,3 a 1,5g/100 considérase “meio”; e de máis de 1,5g/100 considérase “alto”. Nalgúns alimentos (p.ex. os produtos de carnicería que compramos por gramos) non temos acceso a esta información. En liñas xerais os friames, embutidos, curtidos e os saborizantes como o caldo en pastillas adoitan ter moito sal. Outros alimentos con frecuencia “máis salgados” son os enlatados, procesados e precociñados. Algúns alimentos, a pesar do sabor “doce” poden conter moito sodio como os cereais de almorzo, o Kétchup, a bolería e o pan industrial ou algunhas lambetadas. Por iso é mellor ler a etiqueta e elixir as variedades máis baixas en sal.

 
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.