Xente con vida

Aprende a sentirte ben 10/12/2015

A castaña, propiedades e beneficios

Vota:
Resultado:
(2 votos)
Compartir:
Coñece as propiedades e os beneficios da castaña, un produto tan típico de Galicia.
XCV - ourizos castañas  
As propiedades da castaña

"En canto ás súas características nutricionais as castañas son alimentos ricos en hidratos de carbono complexos, fundamentalmente en almidón.

O contido de graxa nas castañas é baixo (2-3%) en comparación con outros froitos secos como as améndoas (54%), avelás (36%) ou noces (63%).

 

Conteñen altos niveis de ácidos graxos esenciais, como o ácido linoleico, que son beneficiosos para manter a saúde cardiovascular, contribuír á formación das membranas celulares, hormonas, etc.

En canto á achega proteica tamén é máis baixa (2-6%) que outros froitos secos como as améndoas (19%) ou noces (21%) e legumes (máis de 20%). Non contén glute polo que presenta un gran potencial para as persoa celiacas.

Ademais destaca pola súa riqueza en fibra, sendo superior ao das noces e outros froitos secos.

No que respecta aos micronutrientes, ten unhas cantidades xeralmente equilibradas de minerais (K, Mg, Ca e Na, fundamentalmente) e vitaminas (grupo B e C, fundamentalmente).

Estas propiedades, xunto cun contido en auga que supón case a metade do seu peso, converten á castaña nun dos froitos secos de menor contido calórico".

Esta é unha información facilitada pola Dra. Mª Ángeles Romero Rodríguez, Catedrática da área de Tecnoloxía dos Alimentos da a Universidade de Santiago de Compostela.

Como podemos comer castañas?

Este alimento ofrece multitude de posibilidades gastonómicas, podemos tomalas soas ou combinalas con legumes, verduras, carnes, peixes... É un bo complemento para a elaboración dun prato rico e equilibrado.

  • Crúas: é recomendable consumilas cando estean ben maduras, para evitar unha díficil dixestión ou problemas estomacais.
  • Asadas: adoita ser a maneira máis habitual de comelas. Antes de asalas debemos realizar un pequeno corte na súa pel para evitar que rebenten á calor do forno ou do lume.
  • Cocidas: pélanse e férvense durante unha media hora en auga ou leite.
Castañas mans
A nosa suxerencia: dúas receitas con castañas
  • Fideos con castañas e peixe sapo

     

    Ingredientes:

    500 gr. de castañas cocidas

    300 gr. de peixe sapo

    300 gr. de fideos

    1 cebola

    2-3 dentes de allo

    Viño branco, pementa moída, aceite de oliva e sal

    Preparación:

    Dourar nunha cazola a cebola e o allo, engadíndolle sal e pementa. Colocar o peixe sapo cortado en anacos, incorporar un chorro de viño e deixar guisar. Cocer os fideos e pasalos á cazola xunto coas castañas enteiras. Mesturar todo deixando cociñar uns minutos.

  • Croquetas de castañas

     

    Ingredientes:

    350 gr. de castañas cocidas

    2 xemas de ovo

    150 cc. de leite

    150 cc. de auga

    50 gr. de manteiga

    70 gr. de azucre

    Fariña, ovo e pan relado

    Preparación:

    Poñer as castañas e a auga ao lume, cando empece a ferver engadir o leite e cocer as castañas facendo logo puré. Incorporar o azucre, a manteiga e as xemas de ovo, amasando todo. Poñer a masa ao lume para que endureza algo. Estender a masa e deixar arrefriar. Facer bólas, rebozalas co ovo e o pan relado e fritir.

FONTES

​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.