Xente con vida

Aprende a sentirte ben 17/12/2015

Aprende a ler a nova etiquetaxe dos alimentos

Vota:
Resultado:
(7 votos)
Compartir:

A etiquetaxe dun produto alimentario permítenos coñecer o alimento, a súa orixe, o seu modo de conservación, os ingredientes que o compoñen ou os nutrientes que achegan á nosa dieta.

Por isto, é imprescindible que exista unha regulación que nos facilite de xeito sinxelo e claro toda a información relativa aos alimentos que consumimos. O obxectivo do novo Regulamento (UE) Nº1169/2011 sobre a Información Facilitada ao Consumidor é protexer a saúde dos consumidores e garantir o seu dereito á información.

Mercando

A entrada en vigor no noso país da normativa europea sobre a etiquetaxe supuxo varios cambios que obrigan a dar maior e mellor información ao consumidor. Estes cambios melloran a etiquetaxe dos produtos, envasados e non envasados, e proporcionan información útil, lexible e comprensible.

Cando imos facer a compra debemos fixarnos nas etiquetas dos alimentos para obter toda a información posible sobre o produto:

  • É unha ferramenta imprescindible para ter unha alimentación saudable e responsable
  • Axúdanos a tomar decisións que se adapten ás necesidades e preferencias individuais
  • Infórmanos sobre sustancias ou produtos que causan alerxias ou intolerancias
  • Axúdannos a comparar produtos e a elixir as alternativas máis axeitadas.

 

Cambios na nova etiquetaxe
  • Información nutricional: as etiquetas teñen que mostrar o valor enerxético, as graxas, as graxas saturadas, os hidratos de carbono, os azucres, as proteínas e o sal. Obrigatorio a partir do 13 de decembro do 2016.
  • Alerxias ou intolerancias: as etiquetas deben deixar moi claro se o alimento contén alérxenos. Deben ir resaltados cun tipo de letra, cor ou estilo diferente. Os alimentos sen envasar tamén deben informar da presenza de alérxenos.
  • Conxelación: a carne, os preparados de carne e os produtos de pesca non transformados conxelados terán que indicar a data de conxelación ou primeira conxelación. Os produtos que foron desconxelados antes de poñerse á venda teñen que especificalo, agás aqueles alimentos aos que a desconxelación non lles afecta negativamente en canto a calidade ou seguridade.
  • Proteínas engadidas: a etiqueta debe indicar a orixe animal de proteínas engadidas aos produtos cárnicos ou pesqueiros.
  • Substitución de ingredientes: a etiqueta debe avisar se se substitúe un ingrediente ou compoñente utilizado habitualmente por outro.
  • Procedencia: coa nova normativa tamén será obrigatorio coñecer o país de orixe da carne fresca de porco, ovino, caprino e aves de curral. Ata agora só era obrigatorio indicar a orixe da carne fresca de vacún, as froitas e as verduras, o mel e o aceite de oliva. No resto, é voluntario, a non ser que a súa omisión poida inducir a engano.
  • Tamaño mínimo de letra: debe ser visible, polo que para os envases de máis de 80 cm2 o tamaño mínimo de letra será de 1´2 mm de altura, e nos de tamaño inferior de 0´9 mm.
  • Envoltura: a etiqueta debe advertir das envolturas non comestibles de embutidos.
  • Elaborados: “Elaborados a partir de pezas de carne/pescado” debe aparecer na etiqueta se parece unha soa peza pero é unha combinación de varias.
  • Orixe vexetal: Os aceites ou graxas de orixe vexetal poderanse agrupar na lista de ingredientes baixo a designación “aceites vexetais” ou “graxas vexetais”. O novo regulamento ademais obriga a detallar que tipo de aceite vexetal contén: oliva, xirasol ou de palma, por exemplo.
Infografía
  1. Información nutricional: Debe estar toda no mesmo sitio. Incluirá información sobre valor enerxético, graxas, graxas saturadas, hidratos de carbono, azucres, proteínas e sal por cada 100 gramos ou 100 mililitros.
  2. Alerxias ou intolerancias: Os posibles alérxenos deben estar ben visibles e utilizar unha tipografía diferente.
  3. Orixe ou procedencia:Obrigatorio en carne fresca de vacún, porco, ovino, caprino, aves de curral, froita, verdura, mel e aceite de oliva.
  4. Tamaño de letra: En envases de máis de 80 cm2 o tamaño mínimo de letra será de 1´2 mm de altura, e nos de tamaño inferior de 0´9 mm.
  5. Orixe vexetal: Debe indicar o tipo de aceite vexetal que contén o produto: de oliva, de girasol, de palma...

FONTES

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.