Para limitar o consumo de carne procesada (friames, embutidos, salchichas, carnes preparadas para hamburguesas, precociñados con derivados cárnicos, salgaduras...) propoñémosche algúns exemplos para substituír este tipo de produtos por outros máis adecuados. Pero antes...queremos convencerte!!!!
Dúas opcións de bocadillo
Analizamos un bocadillo de pan con salchichón e outro de pan con peituga de pavo fresca salteada con herbas aromáticas. Comproba os seus valores nutricionais mediante algúns indicadores que eliximos para valorala:
Agora fíxate no gráfico seguinte e segue as liñas discontinuas grises para comparar os puntos de intersección dos valores de ámbalas dúas opcións:
Fíxate ademáis na contribución dos nutrientes de cada unha das 2 opcións (a liña verde sería a cantidade diaria recomendada dese nutriente para o noso exemplo (un home de 12 anos con actividade física moderada). A opción 2 gaña!!!
Merendas e ceas saudables
Non se che ocorre nada para substituír as carnes procesadas por outras opcións máis saudables? Nós axudámosche. Aí van algúns exemplos:
Fontes