Xente con vida

Mitos 19/03/2012

Mitos en torno á alimentación III

Vota:
Resultado:
(9 votos)
Compartir:
Estamos rodeados de mitos en torno á alimentación que moitas veces rexen as nosas pautas alimenticias. Por iso formulamos este artigo (terceiro dunha serie), onde imos ir desmentindo un a un os máis populares.
Sal
Mitos en torno á alimentación III
  • FALSO: Os alimentos light adelgazan.
  • FALSO: Os conservantes son perxudiciais para a saúde.
  • FALSO: Non importa canto comemos, o importante é non mesturar alimentos.
  • FALSO: O vinagre de sidra posúe moitas propiedades para a saúde.

Comenzamos agora a desmentir un a un estos falsos mitos alimentarios.

Mito: Os alimentos light adelgazan

Un alimento light é aquel que proporciona menos enerxía que o seu produto de referencia. Por exemplo, no mercado xa existe a maionesa "Sabrosa". Pero neste intre o comerciante decide sacar a maionesa "Sabrosa" Light. Este novo produto presenta unha restrición mínima do 30% do valor enerxético respeto ó alimento de referencia (maionesa "Sabrosa").

O menor índice de calorías conséguese ó reducir ou substituír algún dos compoñentes do alimento de referencia. Isto faise ben ó diminuír a súa cantidade de hidratos de carbono (azucres) e substituílos por edulcorantes, ou ó reducir a achega de graxas o empregar substitutivos de graxas.

Recorda que aínda que sexan máis baixos en calorías que o produto de referencia poden ser igualmente ricos en enerxía.

Mito: Os conservantes son prexudiciais para a saúde

Para a conservación de alimentos utilízanse métodos físicos coma a calor ou o frío e químicos coma os conservantes (conservadores). Estes compostos inhiben o crecemento de bacterias, fungos ou fermentos. Algúns dos microorganismos máis perigosos non poden vivir en medio con pH baixo. É por isto que moitos compostos ácidos se empregan coma conservantes. P. ex. o ácido acético do vinagre nas conservas de escabeche.

O dióxido de xofre e os seus derivados coma os sulfitos (E-220 a E-228) son tóxicos para as bacterias e os mofos pero non para as fermentos por iso no proceso de fabricación do viño utilízanse estes compostos. Son útiles tamén noutros alimentos coma nas froitas e patacas peladas para evitar o escurecemento e na carne picada para manter a cor vermella.

Na actualidade está autorizado o uso de nitratos e nitritos sódicos e potásicos na conserva de derivados cárnicos, queixos e algúns produtos da pesca. É importante a relación risco-beneficio destes compostos. Por unha banda, existe o risco de formación de nitrosaminas a partires de estes compostos que son potenciais carcinógenos. Pero por outra banda, evitan o botulismo que pode ter consecuencias fatais. (tema Aditivos Alimentarios).

Mito: Non importa canto comemos, o importante é non mesturar alimentos (hidratos e proteínas)

Ademáis de falso, afirmacions coma esta adoitan estar presentes en consellos pseudocientíficos nos medios de comunicación. Primeiro, os alimentos son mesturas heteroxéneas de nutrientes, aínda que dalgúns teñan unha maior proporción. Polo tanto sería case imposible cumprir esta afirmación. Segundo, as enzimas atacan de igual forma con indiferenza dos diferentes tipos de alimentos e terceiro, o ovo con patacas fritas, o bocadillo de xamón ou de atún, a carne con pasta, a paella e as potaxes de legumes con arroz terían que ser suprimidos da nosa dieta. (tema O exceso de peso e a obesidade)

Mito: O vinagre de sidra posúen moitas propiedades para a saúde

Esta afirmación carece de fundamento. Conten un 5% de ácido acético e pouco máis de outros nutrintes. Esta afirmación ven dun estudio que se fixo nun pobo de Estados Unidos con habitantes moi lonxevos e que consumían a cotío vinagre de sidra. É un condimento máis, pero ata o de agora non se puido atribuírlle ningún efecto "máxico".

Outras publicacións relacionadas do teu interese:
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.