Xente con vida

Mitos 10/04/2015

Mitos en torno á alimentación IV

Vota:
Resultado:
(6 votos)
Compartir:
A froita engorda máis se a tomamos despois de comer? As froitas teñen propiedades diuréticas ou "queima graxa"? Hai varios mitos arredor do consumo de froitas que convén aclarar e desmentir.
XCV - Fruta
  • FALSO: Algunhas froitas teñen propiedades "queima graxa" ou diuréticas.
  • FALSO: A froita engorda se se toma a determinadas horas.
  • FALSO: A froita que tomamos despois de comer fermenta no estómago.
  • FALSO: Mezclar varios tipos de froita nunha única comida non é saudable.
  • FALSO: A froita pola noita causa indixestión.
Mito: Algunhas froitas posúen propiedades "queima graxa" ou diuréticas

Non está demostrado que a froita estea relacionada directamente coa perda de graxa.

Se incorporamos a froita no menú diario e con ela substituímos outros alimentos máis caloríficos (barriñas enerxéticas a media mañá, por exemplo) ou reducimos o tamaño das porcións que consumimos (a fibra da froita ten poder saciante), conseguiremos reducir o número de calorías e, polo tanto, manter un peso saudable.

Por outra parte, o contido en auga depende do tipo de froita e do seu estado de maduración, pero non está relacionado cun efecto diurético no noso organismo.

Mito: A froita engorda se se toma a determinadas horas

A achega calórica dos alimentos é a mesma, con independencia da hora na que os tomemos.

A idea principal do uso da froita para o control do peso vén dada polo seu alto contido en auga e fibra. As froitas axudan a controlar o que comemos se as tomamos, por exemplo, antes das comidas principais. Entre as comidas, o consumo de froitas evita que merendemos outro tipo de alimentos que poderían ser menos saudables ou que acheguen máis calorías das que necesitamos.

O que causa un problema de sobrepeso é a relación que existe entre o tamaño das porcións que consumimos, a calidade nutricional dos alimentos que compoñen a nosa dieta e o nivel de actividade que temos durante o día. A regulación deste sistema, este triángulo, axuda a previr a deterioración da nosa saúde.

Mito: A froita que tomamos despois de comer fermenta no estómago

Os alimentos inxeridos nunha comida mestúranse no estómago, sen importar se tomamos a froita antes ou despois. A froita mestúrase co resto dos alimentos. A dixestión é un proceso global e simultáneo. A fermentación dos restos da froita sucede no intestino grazas á acción das bacterias responsables da súa dixestión.

As persoas co estómago máis sensible ou delicado si poden ter dixestións pesadas ou certo malestar cando toman a froita durante as comidas (ben antes ou ben de sobremesa). A este grupo de persoas si se lles recomenda tomala entre horas, xa que o malestar non se debe polo consumo específico de froita.

Mito: Os nutrientes da froita non se absorben cuando a mesturamos con outros alimentos

É certo que a absorción dos nutrientes da froita non é tan rápida cando se toma con outros alimentos, como o sería se se consumise soa, pero tomándoa soa, as persoas susceptibles poderían xerar gases intestinais pola fermentación dos seus residuos a nivel intestinal, situación que se evita utilizando a froita como acompañante doutras comidas.

É diferente dicir que, cando se toma a froita entre horas, sen compañía de ningún outro alimento, se poden absorber mellor algunhas vitaminas que, en compañía doutras substancias, poderían non absorberse.

Mito: Mesturar varios tipos de froita nunha única comida non é saudable

Non hai evidencia científica que indique que mesturar froitas doces e ácidas, ou calquera outra variedade, interfira na dixestión ou na absorción dos nutrientes.

Cando preparemos unha macedonia ou toremos a froita para a súa consumición, é preferible tomala canto antes para evitar o seu escurecemento, produto da oxidación do alimento ao expoñela ao aire.

Mito: A froita pola noite causa indixestión

Este mito ten a súa orixe nunha verdade: O consumo de auga en grandes cantidades, despois de comer dilúe os ácidos estomacais que están en pleno proceso dixestivo, o que provoca unha dixestión máis longa e "pesada". Nalgúns casos asóciase ese consumo de auga co consumo de froitas como o melón ou a sandía (de alto contido en auga) despois da cea. Teríase que inxerir unha gran cantidade de froita para producir ese efecto por si soa.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.