Xente con vida

Mitos 19/03/2012

Mitos en torno á alimentación I

Vota:
Resultado:
(16 votos)
Compartir:
Estamos rodeados de mitos en torno á alimentación que moitas veces rexen as nosas pautas alimenticias. Por iso formulamos este artigo (primeiro dunha serie), onde imos ir desmentindo un a un os máis populares.
Sal
Mitos en torno á alimentación I
  • FALSO: O chocolate é unha lambetada moi prexudicial que debemos excluír da nosa alimentación.
  • FALSO: Só o café contén cafeína.
  • FALSO: O pan engorda.
  • FALSO: É necesario tomar suplementos vitamínicos para cubrir as nosas necesidades.
  • FALSO: Os alimentos transxénicos son moi malos.

Comezamos agora a desmentir un a un estes falsos mitos alimentarios.

Mito: O chocolate é unha lambetada moi perxudicial que debemos excluír da nosa alimentación

É verdade que o chocolate proporciona moitas calorías polo seu elevado contido en graxas e azucres (aínda que o seu contido varía un pouco dependendo da súa variedade: chocolate con leite, puro, con froitos secos (desde 500Kcal/100g do que ten máis contido en cacao ata 550 Kcal/100g para o de leite e améndoas. Aporte calórico de 2 onzas de chocolate puro: ±280kcal).

Sen embargo, ademais de calorías, tamén proporciona moitos efectos beneficiosos. O chocolate é rico en flavonoides, compostos naturais que se atopan en abundancia en moitos alimentos de orixe vexetal con actividade antioxidante fronte ás enfermidades dexenerativas e aos procesos de envellecemento.

Tamén se cre que os flavonoides do cacao teñen un efecto protector da saúde cardiovascular. Na actualidade, algúns pobos indíxenas de América Central e do Sur seguen utilizando distintas partes da árbore do cacao para preparar as súas medicinas tradicionais.

Non é certo que debamos excluír ao chocolate da nosa dieta. Sí limitar o seu consumo polo seu elevado aporte calórico.

Mito: Só o café contén cafeína

As bebidas "enerxizantes" conteñen tamén cafeína e ás veces, dependendo da marca, en cantidades superiores a unha cunca de café "só" ou a unha bebida de cola. Ademais engádenlles outros compoñentes con efectos estimulantes similares á cafeína. ¿Daríaslle ao teu fillo pequeno unha cunca de café "puro"?.

Mito: O pan engorda

O pan proporciona menos da metade de kilocalorías que as graxas e menos que algúns alimentos do mesmo grupo. Por exemplo a diferenza calórica de almorzar con pan (260kcal/100g) ou facelo cun produto de bolería (350 a máis de 500kcal/100g) pode ser de máis do dobre.

Ao pan considéraselle un poderoso factor de equilibrio nutricional e incorpora sales minerais, fibra e vitaminas. Unha ración de pan: 40-60g..

Mito: É necesario tomar suplementos vitamínicos para cubrir as nosas necesidades

En condicións normais con bo estado de saúde non se aconsella tomar suplementos con vitaminas. Se comemos correctamente, xa inxerimos todas as vitaminas necesarias para a nosa saúde. Os últimos estudos confirman que os efectos beneficiosos das dietas saudables ricas en vitaminas e minerais son debidos á dieta no seu conxunto (posiblemente pola riqueza de compostos bioactivos, moitos por identificar) e non a nutrientes de forma "individual".

Ademais, moitas vitaminas teñen un "nivel máximo tolerable" por riba do cal os prexuízos son superiores aos beneficios.

Mito: Os alimentos transxénicos son moi malos

Antes de asegurar se son malos ou bos, é mellor que coñezas o que se entende por un alimento transxénico: Os alimentos transxénicos poden definirse como alimentos nos cales se modificou o material xenético para obter algún beneficio engadido. Con esta técnica permítense transferir xenes individuais (con algunha propiedade que nos interese) dun organismo a outro, tamén entre especies non relacionadas.

Segundo palabras de Daniel Ramón Vidal, experto no tema: "Coa enxeñería xenética, en lugar de mesturar xenes ao azar tomamos o xen que nos interesa e introducímolo no organismo desexado". Desta forma, é posible obter a combinación xenética adecuada de forma moito máis rápida que se contamos co azar.

O obxectivo inicial do desenvolvemento de vexetais sobre a base de organismos modificados xeneticamente (GM) foi aumentar a protección dos cultivos mediante a introdución de resistencia a enfermidades causadas por insectos ou virus ou unha maior tolerancia aos herbicidas. Os alimentos GM actualmente dispoñibles no mercado internacional pasaron as avaliacións de risco e non é probable que presenten riscos para a saúde humana.

Parece de ciencia-ficción pero xa son posibles patacas transxénicas que inmunizan contra o cólera ou diarreas bacterianas, ou unha variedade de arroz transxénico capaz de producir provitamina A. Tamén un grupo de científicos do Reino Unido, en Xapón e Alemaña, crearon uns tomates cun aporte tres veces superior ao habitual de ß-caroteno, substancia beneficiosa para a saúde.

Enlace á OMS: 20 preguntas sobre os alimentos xeneticamente modificados (GM)

Outras publicacións relacionadas do teu interese:
Comentarios (8 respostas)
  • Xente con Vida o 10/07/2012 ás 11:16

    Hola, Carlos. Muchas gracias por tu consulta. En el artículo sólo se define qué son los alimentos transgénicos, en ningún momento se promociona su consumo. Respecto a tu pregunta sobre los riesgos para la salud, te recomendamos las respuestas 8 y 11 del documento de la Organización Mundial de la Salud "20 preguntas sobre los alimentos genéticamente modificados (GM)" que encontrarás enlazado al final de este artículo.

  • Carlos Sánchez Lago o 06/07/2012 ás 16:36

    En que investigación os basais para decir que los alimentos transgénicos no son malos si, por lo menos yo, la única que conozco que los faculta para el consumo es la que los autorizó en EEUU y que no fue una investigación, se dijo que en apariencia eran iguales y que entonces no podian hacer daño para el consumo ( Decisión política no científica). Aparentemente podrán ser iguales pero interiormente son muy diferentes y en los estudios posteriores terminan sentenciando que se desconocen las consecuencias que pueden derivar de su consumo

  • Xente con Vida o 30/05/2012 ás 18:58

    Hola, Alba, gracias por comentar el artículo. Los mitos que tratamos en este texto pueden ser evidentes para algunas personas, pero lo cierto es que están extendidos en la sociedad. La serie de artículos sobre los Mitos de la alimentación está pensada para resolver dudas frecuentes por lo que esperamos que puedan ser de utilidad.
     
    Nos gustaría matizar que en el artículo no decimos que el pan no engorda. Todos los alimentos, excepto el agua, aportan energía. Sí destacamos las cualidades nutricionales del pan con respecto a otros alimentos de consumo más frecuente entre los ciudadanos más jóvenes, como la pastelería y la bollería industrial, y que no siempre tenemos en cuenta.
     
    Las sociedades occidentales como la nuestra han incrementado el consumo de suplementos nutricionales que no son necesarios si llevamos una dieta saludable y no tenemos patologías que indiquen su consumo. Una de las 10 recomendaciones para prevenir el cáncer es "no usar suplementos nutricionales", según la World Cancer Research Found.
     
    Cuando hablamos de la cafeína no nos referimos a los refrescos de cola, sino que ponemos el acento en la necesaria moderación de bebidas energizantes que en muchos casos tienen más cafeína que 2 tazas de café puro; un dato que parte de la población desconoce y que no debería pasar desapercibido.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.