Xente con vida

Nenos e mozos 19/03/2012

A alimentación no primeiro ano de vida

Vota:
Resultado:
(3 votos)
Compartir:
O primeiro ano de vida é un período crítico nutricional, xa que se caracteriza por un crecemento, unha maduración e un desenvolvo máis rápido que en calquera outra etapa de vida.
Sal
A alimentación no primeiro ano de vida
  • A mellor evidencia de se o lactante está a recibir suficiente cantidade de alimento é a valoración da súa taxa de crecemento e desenvolvemento.
  • A finais do primeiro semestre, o leite en exclusiva deixa de satisfacer as necesidades enerxéticas e de nutrientes para un crecemento e desenvolvemento óptimos. Neste momento, o lactante xa está preparado madurativamente para a alimentación complementaria.
  • Os nosos obxectivos deben ser:

    1. Favorecer un estado de saúde óptimo e garantir un axeitado crecemento e desenvolvemento.
    2. Favorecer a adquisición de hábitos dietéticos saudables, a adaptación ás variedades de sabores e texturas.
    3. Favorecer a interacción do neno coa familia e o ambiente que o rodea.
    Sabías que?
    bebé
    • Triplícase o peso do nacemento (~3,5 Kg a ~10 Kg)
    • Increméntase nun 50% a lonxitude (~50cm a ~75cm)
    • A mellor evidencia de se o lactante está recibindo suficiente cantidade de alimento é a valoración da súa taxa de crecemento e desenvolvemento, como máxima expresión do grao de saúde e benestar. Isto vainos permitir individualizar as necesidades, posto que as variacións das demandas entre lactantes son moi grandes.

    Comprende tres períodos diferenciais na súa alimentación e a taxa de progresión por eles ven determinada polo estado de maduración do sistema nervioso, o tracto dixestivo e renal, polo seu estado de saúde e pola súa curva de crecemento.

    Períodos da alimentación no primeiro ano de vida

    En función do seu estado de maduración, hai 3 períodos diferentes de alimentación:

    bebé 2
    1. Período de lactación exclusiva. Recoméndase sempre o leite de muller. A Organización Mundial da Saúde recomenda a lactación materna exclusiva ata os 6 meses de idade. No caso de que non sexa posible, darase un leite de fórmula adaptada de inicio.
    2. Período de transición ou de introdución da alimentación complementaria (dende os 6 meses ata o final do primeiro ano). Introdúcense alimentos líquidos e sólidos distintos do leite, de forma progresiva e variada, debendo complementar a achega de enerxía e nutrientes que esta supón. O alimento principal neste período continúa sendo o leite. Segue sempre as recomendacións do teu pediatra.
    3. Período de adulto modificado (1º ano - 3º ano). Xa se deben ter introducido todos os alimentos e estar polo tanto incorporado á mesa familiar. A alimentación diferirá da do preescolar fundamentalmente na súa preparación culinaria e división en anacos.
    Alimentación complementaria
    bebé 3

    A alimentación complementaria é a introdución progresiva de alimentos sólidos e líquidos distintos do leite. A finais do primeiro semestre, o leite en exclusiva deixa de satisfacer as necesidades enerxéticas e de nutrientes para un crecemento e desenvolvemento óptimos. Neste momento, o lactante xa está preparado madurativamente para a alimentación complementaria.

    Débese favorecer unha progresión natural dende a succión á mastigación, o interese por alimentos distintos do leite, a diversificación da alimentación, a introdución de novos sabores e texturas, e a adquisición de hábitos dietéticos saudables.

    ​​​
    Comentarios (4 respostas)
    • Xente con Vida o 23/08/2012 ás 12:53

      Ola Patricia, moitas grazas pola túa consulta. En primeiro lugar, queremos transmitirche tranquilidade porque o comportamento da túa nena é moi habitual. Aínda que entre os 6 e os 8 meses de idade os bebés adoitan estar "preparados" para a introdución de novos alimentos, a aceptación depende de cada neno. Uns afanse antes e outros, a maioría deles, tardan máis en aceptar os novos sabores e texturas. Isto ten que ver coa madurez do sistema dixestivo ou coa persistencia do chamado "reflexo de extrusión" (botar a comida cara a fóra). Pero isto irá desaparecendo co tempo de forma natural.
       
      Con 7 meses adoitan ser suficientes pequenas cantidades de comida triturada, que teñen como obxectivo complementar (non substituír) ao leite materno. Recomendámosche que procures ser paciente porque antes ou despois o conseguirás. Se o teu pediatra te tranquilizou, significa que o desenvolvemento da túa nena está a ser óptimo. O truco está en ser persistente sen forzala, introducindo os alimentos de forma gradual. É aconsellable comezar sempre polo peito e logo ofrecerlle 2 ou 3 culleriñas de papa, cunha textura moi homoxénea e sen grumos, agregando media culleriña de aceite (iso si, sen sal nin azucre). Algúns pediatras aconsellan priorizar a papa de carne pola súa riqueza en ferro, pero recorda facelo sempre en pequenas cantidades, realizando os cambios de forma individualizada, lenta e progresiva.

    • patricia o 21/08/2012 ás 15:16

      a miña nena ten 7 mesiños, dende os 5 e medio tento darlle papa pero o caso e que non come nin media culler, so fai soprar para fora, e non quere nada, coma muito a froita da merenda come unha culler. Doulle lactancia materna pero teño medo que non lle chegue, estou bastante preocupada e a pediatra so me di que isto leva tempo, pero canto? darme ideas, graciñas pola resposta

    • Xente con Vida o 27/04/2012 ás 12:29

      Susana, grazas por compartir con nós as túas propostas. En Xente con Vida somos conscientes de que a lactancia materna é a forma natural de alimentar aos bebés e meniños xa que durante os primeiros seis meses de vida proporciónalles un crecemento e desenvolvemento óptimos. Logo dese tempo, a lactancia materna, xunto cunha alimentación complementaria axeitada, segue a contribuir á correcta nutrición e crecemento do lactante.

    Deixa un comentario



     

    ¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

    Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

    Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

    Kg.

    m.


    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    BAIXO PESO​
    ​​
    Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    NORMOPESO​​
    Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    SOBREPESO I
    Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
    ​​

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    SOBREPESO II​
    ​​
    Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    OBESIDADE I​
    ​​
    A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    OBESIDADE II​
    ​​
    A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

    < voltar
    O teu IMC é:
    A OMS (Organización Mundial da Saúde)
    establece como categoría do teu IMC:
    OBESIDADE III​
    ​​
    A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.