Aínda que de forma esporádica os nenos poden tomar lambetadas, non deberían facelo de forma habitual.
Ollo coas lambetadas, a gran maioría son hipercalóricas, a súa composición nutricional non é a axeitada (por exemplo exceso de azucre e sal) e poden desprazar o consumo doutros alimentos que si son necesarios para o crecemento e desenvolvemento nas primeiras idades. En moitas delas a composición de graxa supón 3 veces a cantidade diaria que debe consumirse.
"Extras" dun domingo de inverno
- Mañá de paseo. 1 bolsa de “gominolas”: 360 kcal
- Tarde no cine. 1 bolsa de flocos de millo + refresco : 687 kcal
- Calorías proporcionadas só polos "extras": 1.047 kcal
Necesidades diarias de enerxía para un neno de 9 anos: 2.000Kcal.
A froita é rica en azucres simples pero, é fonte tamén de moitos compostos beneficiosos e necesarios para a nosa saúde. A lactosa do leite é tamén un azucre. Non obstante, a diferenza destes alimentos, os azucres "engadidos" a moitos produtos de consumo habitual, só achegan calorías.
Despois de ver a táboa anterior, Segues pensando que pedir sacarina para o café supón evitar unha achega extra de calorías?