Xente con vida

Nenos e mozos 07/10/2015

Actividade física na escola: unha oportunidade para favorecer a educación total de todos os nenos e nenas

Vota:
Resultado:
(3 votos)
Compartir:
XCV_Nenabici  

Vivimos nunha sociedade na que moitas das actividades cotiás están mecanizadas, o noso traballo esixe menos esforzos e movementos e, o noso tempo libre, é máis sedentario. Pola contra, o noso corpo está deseñado para moverse ata niveis bastantes altos sen chegar, tampouco, a niveis de practica moi excesivos, xa que poden provocar alteracións e lesións.

Os baixos niveis de actividade física, por unha parte, e o exceso de actividades sedentarias por outra, están a provocar, ademais de enfermidades serias, (obesidade, hipertensión arterial, diabetes, etc) carencias no desenvolvemento físico, psicolóxico e social de nenos e nenas.

A actividade física na etapa escolar debe fundamentarse, especialmente, na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. Debe dirixirse cara ao coñecemento progresivo da conduta motriz e cara á asunción de actitudes, valores e normas referentes ao corpo e ao seu movemento.

XCV_Nenobici_Beneficios_gl

 

Pero a actividade física na etapa educativa non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación global que utiliza dito movemento como axente pedagóxico con diversas funcións:

1. Función de coñecemento de si mesmo, de si mesma e do contorno.

2. Función de organización do que perciben (desenvolvendo a percepción do propio corpo, do espazo e do tempo)

3. Función anatómico-funcional, incrementando as habilidades motrices e mellorando a condición física.

4. Función estética e de comunicación (por medio de manifestacións artísticas e de comunicación).

5. Función de relación social coas demais persoas (interaccionando co resto de participantes).

6. Función agonística, esforzándose e superando di​ficultades.

7. Función hixiénica ou de mellora da saúde e prevención de enfermidades.

8. Función hedonista ou fonte de gozo.

9. Función de compensación da vida sedentaria.

10. Función catártica, de liberación de tensións.

XCV_Nenomesa_es

Debemos lembrar que a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda a práctica de actividade física co obxecto de mellorar as funcións cardiorrespiratorias, a boa forma muscular, a saúde ósea e os biomarcadores cardiovasculares e metabólicos da xente máis nova, e dinos que:

  • Os nenos e nenas de 5–17 anos deberían acumular un mínimo de 60 minutos diarios de actividade física moderada ou vigorosa.
  • A actividade física durante máis de 60 minutos reporta beneficios adicionais para a saúde.
  • A actividade física diaria debería ser, na maior parte, aeróbica. Conviría incorporar actividades vigorosas, en particular para fortalecer os músculos e os ósos, como mínimo tres veces por semana.

Por outra banda, os pediatras recomendan que, polo menos, unha das actividades extraescolares que realicen os nenos e nenas implique realizar actividade física ou deportiva. Durante a etapa da adolescencia poden iniciarse e adquirir as habilidades específicas daquelas modalidades deportivas que lles resulten atractivas.

Recomendacións básicas para a práctica de actividade física dos e das escolares.
XCV_Pequeactivo_gl
O deporte de competición en idade escolar

Segundo a Asociación Española de Pediatría é recomendable realizar un examen previo á práctica de deportes de competición. Este recoñecemento busca protexer a saúde e detectar enfermidades e alteracións músculo-esqueléticas que poden aumentar o risco de lesións ou que se poidan agravar coa práctica de actividade física. Tamén nos aporta información sobre factores de risco para a saúde, se presenta un valor baixo nalgunha das capacidades físicas, etc. As actividades deportivas representan unha estupenda ferramenta para favorecer a educación global dos nenos e nenas; sempre que non fagamos dun xogo de nen@s unha competición de adultos.

Lembra que debe ser prioritaria a participación fronte á competición!

 

Fontes

​​
​​​
Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.