Xente con vida

Nenos e mozos 28/10/2015

Recomendacións a ter en conta sobre a alimentación dos nenos e as nenas en idade escolar

Vota:
Resultado:
(4 votos)
Compartir:
slide6.png

Un estilo de vida saudable na infancia é determinante do estado de saúde ao longo da vida. A adquisición, o establecemento e a consolidación de hábitos saudables, en particular do patrón dietético e de actividade física, comezan a establecerse a partir do segundo ano de vida, están consolidados antes de finalizar a primera década e persisten, en gran parte ata a vida adulta.

A infancia constitúe un momento clave para promover e educar en saúde e, por tanto a familia xunto co centro escolar considéranse áreas estratéxicas claves para fomentar e consolidar habilidades en todos os ámbitos do desenvolvemento e do autocoidado.

O profesorado, os escolares, as nais e os pais poden servir de excelente plataforma na tarefa de promover unha contorna para os/as nenos/as que permita conseguir hábitos saudables desde etapas precoces da vida.

Recomendacións para a alimentación dos escolares

Unha dieta equilibrada ten que distribuírse ao longo do día en cinco comidas: o almorzo, a media mañá, a comida, a merenda e a cea.

1. O almorzo é unha comida indispensable. Debe ser o máis equilibrada posible en composición e en cantidade, non deben faltar os alimentos lácteos, froitas e cereais.

2. É aconsellable comer regularmente e non pasar moitas horas entre comidas. Pódense tomar a media mañá algo lixeiro, como unha peza de froita fresca, un iogur ou un lácteo líquido, un bocadillo pequeno,etc..

3. Coñecer os alimentos que compoñen o menú do colexio, o que permitirá facer un menú compensador para a cea.

4. A merenda débese aproveitar para incluír froita e lácteos.

5. A cea é unha comida de esquema similar ao da comida pero con cantidades reducidas, sen esquecer o achegue lácteo.

6. Os menús tanto da comida como da cea deben ser variados.

7. Manter a sobremesa láctea e/ou a froita fresca, utilizando ao mínimo os doces e os bolos industriais.

8. Os alimentos de orixe vexetal deben constituír a base da alimentación. Debemos asegurar unha achega suficiente de cereais, legumes, verduras e froitas para garantir, entre outros, a achega de fibra. Recoméndase complementar os legumes cos cereais e vexetais, en forma de potaxes ou guisos e moderar a oferta de fritos e alimentos procesados.

9. Os alimentos de orixe animal deben estar presentes en forma de ovos, carnes magras de ave, tenreira e porco; peixes frescos, conxelados ou en conserva, brancos e/ou azuis, preferentemente servidos sen espiñas. Debe eliminarse a graxa visible das carnes. Os derivados cárnicos máis graxos, como os embutidos, as salchichas ou as hamburguesas, ou os precociñados a base de peixes, deben ser de consumo ocasional e nunca desprazar as opcións máis saudables.

10. Non se recomenda a oferta excesiva de alimentos procesados e precociñados para acompañar os pratos. É mellor elixir a carne ou o peixe fresco, conxelado ou en conserva que outras preparacións de pratos precociñados ou listos para servir.

11. A forma de preparación dos alimentos debe ser variada, diminuíndo o consumo de fritos e aumentando as preparacións sinxelas e máis axeitadas como os asados ao forno, os fervidos ao vapor ou os cocidos. Por exemplo, para preparar as verduras, recoméndase facelo ao vapor ou fervelas sen cortar e coa mínima cantidade de auga posible para preservar todas as súas propiedades. Tamén é imprescindible coar o aceite dos fritos e usalo para guisos ou rustridos, sen volver sometelo a altas temperaturas de fritura.

Composición básica do menú para escolares
XCV_Escolar_Verduras_GAL
  • Un primeiro prato no que se alternen verduras, legumes, arroz ou pasta. Débese potenciar o consumo de potaxes preparadas con legumes, hortalizas e/ou verduras combinadas con arroz, patacas e/ou pasta e ofrecelos tamén no segundo prato.
  • Un segundo prato que se base en carne magra, peixe ou ovos (acompañado con guarnición de verduras, arroz, pataca ou pasta) ou unha potaxe de legumes con verduras e arroz, pasta ou patacas. Débese potenciar o consumo de peixe, cuxa graxa proporciona efectos moi beneficiosos para a saúde do escolar.
  • Unha sobremesa na comida que ofreza sobre todo froita fresca e, con menor frecuencia, derivados lácteos como queixo ou iogur. Pódese ofrecer tamén combinados de froitas e derivados lácteos como iogur. Aconsellamos minimizar o uso doutros derivados lácteos como nata ou manteiga. No caso da cea, se na comida a sobremesa foi froita, na cea pode ser lácteo ou froita.
XCV_Escolar_Froita_gl
  • As racións de pan e auga deben estar sempre presentes.
  • Recomendamos como aceite de elección o de oliva, aínda que o aceite “alto oleico” é tamén unha boa opción. Se usamos os de sementes ou de xirasol, non é recomendable sometelo a altas temperaturas de fritura.
Lembra!

Os nenos/as deben comer e adquirir uns hábitos organizados á hora da comida, tanto se a realizan en casa como no comedor escolar. Debe ser:

  • Un ambiente tranquilo.
  • Sen televisión, radio, móbiles, videoconsolas, computadores... que os poidan distraer.
  • Deben manterse sentados, preferiblemente en cadeiras altas, non con coxíns de onde poden escorregar ou caer.

FONTES

​​​​​​​
Comentarios (1 respostas)
  • Marina o 02/03/2016 ás 13:51

    Bo día Estas recomendacións están moi ben pero en moitos dos fogares galegos non e posible que os nenos en idade escolar coman na casa por motivos laborais dos pais. Estaría ben algún artigo sobre recomendación para os nenos que comen no comedor escolar.

Deixa un comentario



 

¿Coñeces o teu índice de masa corporal (IMC)?​​

Os comités internacionais de expertos, recomendan o emprego do Índice de Masa Corporal (IMC) como un indicador orientativo do estado nutricional. Introducindo o teu peso e talla poderás coñecer o teu, e descubrir o nosos consellos saudables individualizados para ti.​​

Introduce os teus datos e calcula o teu IMC:

Kg.

m.


< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
BAIXO PESO​
​​
Sería convinte subir de peso cara ó rango de normopeso, xa que, contrariamente ó que moita xente pensa, o baixo peso pode ter consecuencias graves para a saúde.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
NORMOPESO​​
Tenta manter o teu peso actual, xa que te atopas nun peso adecuado para a túa estatura e, sobre todo, procura que os teus hábitos de dieta e exercicio físico sexan saudables.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO I
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidade e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Podes manterte neste peso ou baixar cara un normopeso (IMC = 8,5 – 24,9), sempre e cando manteñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, pola túa saúde aconsellámoste que perdas uns kilos ata situarte dentro do rango de normopeso.​
​​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
SOBREPESO II​
​​
Se o teu peso é estable, non padeces ningunha enfermidade asociada á obesidad e non se te acumula graxa no abdome, non é un sobrepeso preocupante. Poder manterte neste peso ou baixar cara normopeso, sempre e cando teñas uns hábitos saudables de dieta e exercicio físico. Se algún dos anteriores puntos está presente, aconsellámoste baixar entre un 5 e un 10% o teu peso, para poder mellorar o teu estado de saúde.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE I​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal e un incremento no risco de padecer certas enfermidades e trastornos fisiolóxicos, como a hipertensión arterial, diabetes e dislipemias, entre outras. Se xa padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade, ou se che acumula graxa no abdome, aconsellámoste que baixes de peso, alomenos un 10%. Así, poderás incluir novos hábitos saudables que axudarán a mellorar as patoloxías asociadas á obesidade. Se aínda non padeces estes síntomas, para previr posibles problemas de saúde, recomendámosche baixar de peso entre un 5 e un 10%, e coidar os teus hábitos alimentarios e de práctica regular de exercicio físico.

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE II​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de grasa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Se é así, por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30%, tendo en conta as patoloxías que poidan relacionarse coa obesidade. Así mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida. Se, por sorte aínda non padeces algunha enfermidade relacionada coa obesidade e non se che acumula graxa no abdome, comeza baixando un 10% de peso, sen esquecerte da importancia duns bos hábitos.​

< voltar
O teu IMC é:
A OMS (Organización Mundial da Saúde)
establece como categoría do teu IMC:
OBESIDADE III​
​​
A obesidade é unha enfermidade crónica que implica un exceso de graxa corporal. E, neste caso, habitualmente vai acompañada dalgunha enfermidade asociada. Por razons de saúde, é necesario baixar de peso entre un 20 e un 30% do teu peso actual, tendo en conta as patoloxías que poden relacionarse coa obesidade. Asi mesmo, é imprescindible establecer uns hábitos saudables alimentarios e de exercicio físico, que se vaian instaurando de xeito progresivo e de por vida.